Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

Escolares gozaron dunha xornada de baloncesto co CB Areixa e o Bosco Celta en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

xornada aberta 2014O CB Airexa de Nigrán en colaboración co Bosco Celta e o Concello de Nigrán celebrou este fin de semana unhas Xornadas de portas abertas, conseguindo unha gran participación. Todos os colexios da zona estaban invitados ao evento e o club agradece a implicación das familias, pois contaron cunha numerosa presenza de nenos e nenas da comarca que pasaron unha tarde de xogos e diversión acompañados polo corpo técnico dos clubs organizdores.

Consellos para seguir a Volta a España ao seu paso polo Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Detalle do trazado da etapaEste venres sobre ás 15:30 horas o pelotón da Volta a España chegará ao Alto da Serra da Groba. Dende alí baixarán con alerta de "precaución" por "curvas pechadas e en descenso", cara á vila de Baiona.

Sobre as 15:49 percorrerán o paseo marítimo cara a Sabarís cunha estimación da folla de ruta de arribar á Ramallosa ás 15:54 horas. De alí tomarán a Estrada pola Vía con outra precaución marcada aos competidores "Precaución: carril bici con tacos". E durante 5 minutos atravesarán Nigrán rumbo a Vigo.

Rovny e Brambilla líanse a tortazos durante a volta ciclista antes de chegar ao Val Miñor #LaVueltaESP

Correo-e Imprimir PDF

Pode ver o vídeo máis abaixoOs ciclistas Ivan Rovny (Saxo) e Gianluca Brambilla (Omega Pharma) peléxanse sobre a bicicleta na 16ª etapa da Volta a España 2014.

O luns comezan as inscricións para o curso 2014/2015 das Escolas Deportivas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Escolas-deportivasA Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar abre o luns, día 15 de setembro,  o prazo de inscricións para as Escolas Deportivas para o curso 2014/2015. As clases,  que comezarán o próximo 1 de outubro, están dirixidas a todo o mundo, preferentemente ás empadroadas no municipio, e terán unha duración de 8 meses.

O Club Baloncesto Nigrán dá inicio aos adestramentos para cativos de catro a sete anos.

Correo-e Imprimir PDF

baloncesto-NigranO Club Baloncesto Nigrán iniciou onte a súa actividade cos máis pequenos do club. Un grupo de nenos e nenas de idades comprendidas entre catro e sete anos que asistiron ao seu primeiro adestramento da tempada. Os pequenos acudiron ao pavillón onde puideron coñecer ás xogadoras do equipo infantil e cadete feminino e aos xogadores do equipo junior masculino do club, compañeiros a partir de agora, cos que compartiron uns minutos na cancha.

O CB Areixa comeza a súa tempada deportiva cunha parcería co Bosco Celta de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

cb areixaA promoción do baloncesto medra en Nigrán. O CB Airexa comeza a súa tempada deportiva cunha parcería co Bosco Celta de Vigo para a xestión deportiva das categorías "baby", "benxamín" e "alevín", masculinas e femininas. Un acordo a tres bandas entre os devanditos clubs e o Concello de Nigrán asinada o pasado 19 de agosto permitirá fornecer o traballo formativo dos máis pequenos coa intervención dun equipo de adestradores do equipo vigués. Este acordo atenderá as competicións con equipos na modalidade "minibaloncesto". Ao mesmo tempo, os dez equipos das distintas categorías do CB Areixa comezaron as súas competicións na Copa Outono e Copa Galicia.

Longa vida ao Gondomar C.F.

Correo-e Imprimir PDF

gondomarcelta-1415-jordanO Celta gaña 1-4 o XXX Trofeo Conde de Gondomar, que serviu para celebrar os 100 primeiros anos do club do Val Miñor. 'Toto' Berizzo deu descanso ao once titular do Xetafe.
Como se di nestes casos, o resultado era o de menos. Despois de participar no verán nos 100 anos do Rápido de Bouzas, tocoulle a quenda ao Gondomar, que contou coa participación do Celta para celebrar o seu primeiro centenario. Gañaron os célticos a 30ª edición do Trofeo Conde de Gondomar, tras vencer aos locais por 1-4, con goles de Charles, Santi Mina, Samu e Borja Iglesias, de penalti. O tanto do Gondomar foi obra de Alejandro.

O Club Baloncesto Nigrán inicia a tempada con adestramentos no Pavillón Municipal de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

baloncesto-nigran-nenasO Club Baloncesto Nigrán comeza a súa tempada iniciando os adestramentos das diferentes categorías no Pavillón Municipal de Panxón. Entre as actividades programadas para esta pretempada está a organización dun torneo para as categorías INFANTIL , CADETE E XUNIOR o domingo día 6 de Setembro en Gondomar e unha semana despois , o domingo día 14, poñen en marcha outro Torneo de Mini-basket (categorías BAY, ALEVÍN E BENXAMÍN) en Nigrán.

O Club Ciclista Rías Baixas compite no GP de Mortagua na súa preparación para á Volta a Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

CC-Rias-BaixasO calendario da categoría Élite-Sub23 ingresa no tramo final da tempada e o Club Ciclista Rías Baixas desprázase ata Portugal para apurar a preparación dos seus corredores cara ás citas importantes que aínda restan na súa programación como a Volta a Galicia do próximo mes de setembro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL