Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O luns comezan as inscricións para o curso 2014/2015 das Escolas Deportivas de Gondomar.

O luns comezan as inscricións para o curso 2014/2015 das Escolas Deportivas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Escolas-deportivas

A Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar abre o luns, día 15 de setembro,  o prazo de inscricións para as Escolas Deportivas para o curso 2014/2015. As clases,  que comezarán o próximo 1 de outubro, están dirixidas a todo o mundo, preferentemente ás empadroadas no municipio, e terán unha duración de 8 meses.

Modalidades deportivas gratuítas.

Para os máis novos de entre 5 e 15 anos, hai unha oferta gratuíta para que participen nas escolas de patinaxe, judo, balonmán, fútbito, e mini-baloncesto. Neste último caso para menores de 6 a 9 anos. Todas estas modalidades contan coa colaboración da Deputación de Pontevedra así como de clubs e federacións deportivas. A escola de balonmán estará dirixida por xogadores e adestradores do Tui Balonmán, residentes no Val Miñor.

Escolas de pago.

Pola súa banda, o Concello de Gondomar engadirá escolas de iniciación ao deporte ( 4 a 6 anos), deportes colectivos, taekwondo, tenis e tenis mesa. Estes últimos para idades entre 5 e 18 anos. Contando co apoio do Club Tenis Gondomar e a Agrupación Deportiva Vincios. Tamén se ofrece atletismo (Sociedade Atlética Val Miñor), patinaxe (de 16 a 30 anos), ximnasia de mantemento para maiores de 18 anos e actividades físicas e deportivas para maiores.

O Concello de Gondomar informa que o custe destas escolas será de 75,61 € para o curso completo, existindo bonificacións para alumnos da mesma unidade familiar.

A Concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro, invita aos veciños a que se acheguen ao pavillón para informarse de forma máis completa das actividades antes descritas.