Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

A deportista Miriam Pérez dá sona internacional á patinaxe artística de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Miriam-Perez-Campeonato-Eur

A pasaxe pola Copa Europea de Patinaxe Artística de Miriam Pérez  (Club de Patinaxe Artístico CPA de Gondomar) consolidou o seu prestixio a nivel internacional.  Os grandes especialistas da disciplina eloxiaron o seu desenvolvemento nun programa libre nas pistas de Luso (Portugal) que lle permitiu situarse quinta entre as 15 mellores patinadoras da categoría xuvenil do continente.  Miriam, de 16 anos de idade e unha das 3 representantes españolas na categoría, enfrontábase ás italianas, escola referente mundial. “Aínda sen poder demostrar todas as súas virtudes a do Club Gondomar deixou un bo sabor de boca coa súa actuación”, salientan dende a Federación Galega de Patinaxe. 

A Agrupación Deportiva Vincios acada 6 pódiums no zonal de Lalín de tenis mesa.

Correo-e Imprimir PDF

DSC 7388Excelentes resultados os acadados esta pasada fin de semana polos xogadores e xogadoras da AD Vincios de Tenis de Mesa no Torneo Zonal de Lalín, clasificatorio para o Estatal de Valladolid do próximo mes de febreiro de 2015, competindo cos deportistas das comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela-León. Tres subcampionatos, dous terceiros postos e un cuarto foron os pódiums conseguidos ademais de clasificar para a proba nacional a un total de 8 xogadores.

O actual campión galego de contrarreloxo Aser Estévez ficha polo Club Ciclista Rías Baixas.

Correo-e Imprimir PDF

aser3-Aser Estévez: “O proxecto do Club Ciclista Rías Baixas transmíteme moita seguridade”

-O corredor guardés foi presentado como novo xefe de filas do equipo Élite e Sub 23 do Club Ciclista Rías Baixas nun acto no Corte Inglés de Vigo ao que asistiron o o alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas; Natalia Salgueiro, concelleira de Gondomar; Juan González, portavoz do PSOE en Nigrán; representantes de ABANCA e da Federación Galega de Ciclismo.

Últimos días para inscribirse no II Trail Trans Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

trans-serra-da-grobaA Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, organiza o II Trail Trans Serra da Groba - Baiona 2014, que se celebrará con saída e meta en Baiona o día 8 de Novembro de 2014.

O CD Eixo presentarase en sociedade cun gran espectáculo de partinaxe artístico en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

eixo gondomar patinO patinaxe artístico ten tradición e unha importante plantilla de atletas en  Gondomar. Mais o éxito ten unha pega. Dende que a escola municipal encargada da formación pasou a ser xestionada pola Deputación, as alumnas e alumnos que superan os 15 anos deben abandonala.

No 2013 a Concellaría de Deportes local fixo un convenio e contratou un grupo de profesoras para asistir a este grupo de mozas e mozos. O nivel que amosaron aos ollos dos novos adestradores foi tal que decidiron dar un paso máis: preparalas para competir.

Marcos Serrano asume a dirección deportiva del Club Ciclista Rías Baixas

Correo-e Imprimir PDF

serrano chamorroMarcos Serrano da o salto á dirección do equipo Élite e Sub 23 da institución. Despois de involucrarse a tempada pasada no proxecto do Club Ciclista Rías Baixas como preparador, o redondelano asume a condución deportiva.

Da man do CB Airexa o Bosco Celta visita o CEIP Humberto Juanes

Correo-e Imprimir PDF

unnamedEste xoves de mañá alumnos do CEIP Humberto Juanes gozaron da visita do Bosco-Celta da man do CB Airexa de Nigrán tralo acordo de colaboración asinado a finais de verán co obxectivo de promocionar o Minibasket entre os máis novos no Val Miñor e contorna. Os alumnos contaron coa presenza de xogadoras do primeiro equipo do Celta Selmark coas que compartiron unha mañá agradábel de xogos. A xornada desenvolveuse cunha pequena presentación por parte das xogadores e unha rolda de preguntas por parte dos escolares. Posteriormente as xogadoras xunto con varios combinados de crianzas xogaron uns partidos e participaron en distintos xogos.

O gondomareño Daniel Motto gaña o torneo sénior de arco San Froilán

Correo-e Imprimir PDF

daniel motoO pasado sábado día 27 de setembro o club de arco Serra de Gondomar Vincios viaxou a Lugo para participar no Trofeo San Froilán de Tiro con Arco en Sala. O gondomareño Daniel Motto conquistou o primeiro posto na categoría sénior en arco composto con un total de 566 puntos.

Integración: O CB Nigrán presenta o seu equipo xogando un partido en cadeira de rodas contra o AMFIV de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

presentacion nigran basquetO deporte confirma a súa capacidade para unir xeracións e persoas con capacidades diferentes. O pasado sábado, o Club Baloncesto Nigrán o demostrou ao presentar aos seus equipos nun encontro co Club AMFIV, cuxos deportistas o fan dende unha cadeira de rodas. O acto comezou coa presentación dos tres equipos federados do CB Nigrán: infantil feminino, cadete feminino e xunior masculino, así como o equipo "estrela", o baby-basket integrado por nenas e nenos de 4 a 8 anos. Tamén participaron escolares de diversos centros onde o CB Nigrán desenvolve escolas de iniciación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL