Venres, 29 Maio. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes O CD Eixo presentarase en sociedade cun gran espectáculo de partinaxe artístico en Gondomar.

O CD Eixo presentarase en sociedade cun gran espectáculo de partinaxe artístico en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
eixo gondomar patin

O patinaxe artístico ten tradición e unha importante plantilla de atletas en  Gondomar. Mais o éxito ten unha pega. Dende que a escola municipal encargada da formación pasou a ser xestionada pola Deputación, as alumnas e alumnos que superan os 15 anos deben abandonala.

No 2013 a Concellaría de Deportes local fixo un convenio e contratou un grupo de profesoras para asistir a este grupo de mozas e mozos. O nivel que amosaron aos ollos dos novos adestradores foi tal que decidiron dar un paso máis: preparalas para competir.

Foi entón que un grupo de pais e nais das atletas, xunto co equipo de profesores e veciños decidiron fundar un club. Así naceu o Club Deportivo Eixo Gondomar o pasado mes de setembro. Entidade que xa acada 150 socios, 31 alumnas e un alumno segundo da conta a novel presidenta do Eixo, Mary Salgueiro Veiga. A presentación en sociedade será o vindeiro domingo 26 de outubro ás 18 horas cun espectáculo no Pavillón de Deportes de Gondomar.

Para iso, están a perfeccionar técnicas, ensaiar corografías e por suposto, divertirse moito os martes e xoves das 19 ás 21 horas. Tamén os sábados de 10 a 13 baixo as ordenes das irmás Yaiza e Mónica Comesaña, acompañadas polo preparador físico Xosé Antón Pedrido.

Sinala Mary Salgueiro que o club está aberto a novas e novos alumnos que queiran ingresar, sen límite de idade. A tal fin dispoñen dunha páxina  na rede FB (Eixo Gondomar Club de Patinaxe) onde achegan información, o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo para contactar, e os teléfonos 650922563 e 663336604.

Para o espectáculo de presentación no Pavillón Municipal, contarán coa participación do Club de Patinaxe Coruxo. Xuntos ofrecerán un show que aseguran, será abraiante. Por certo, a entrada á festa será gratuíta ata esgotar o aforo das gradas.