Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Da man do CB Airexa o Bosco Celta visita o CEIP Humberto Juanes

Da man do CB Airexa o Bosco Celta visita o CEIP Humberto Juanes

Correo-e Imprimir PDF
unnamed

Este xoves de mañá alumnos do CEIP Humberto Juanes gozaron da visita do Bosco-Celta da man do CB Airexa de Nigrán tralo acordo de colaboración asinado a finais de verán co obxectivo de promocionar o Minibasket entre os máis novos no Val Miñor e contorna. Os alumnos contaron coa presenza de xogadoras do primeiro equipo do Celta Selmark coas que compartiron unha mañá agradábel de xogos. A xornada desenvolveuse cunha pequena presentación por parte das xogadores e unha rolda de preguntas por parte dos escolares. Posteriormente as xogadoras xunto con varios combinados de crianzas xogaron uns partidos e participaron en distintos xogos.