Podemos Galicia está a organizar encontros en diferentes puntos da xeografía galega durante todo agosto para recoller propostas cara ás eleccións xerais. Estas ideas serán votadas na última semana do mes para a súa inclusión no programa electoral do partido . A vila de Baiona acollerá un destes encontros o vindeiro venres 7 de agosto, ás 19 horas na sala "Ángel Bedriñana", na rúa Carabela La Pinta (xunto á Praza de Abastos, no Concello de Baiona).
Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor
Podemos recollerá propostas para o seu programa electoral en #Baiona
Os concellos galegos integrantes da organización Vilas Mariñeiras revalidan o seu compromiso en #Baiona
Na cita puxéronse en común propostas e alternativas para fornecer tanto a oferta turística como a captación de visitantes aos municipios antes de comezar unha nova etapa, así como homoxeneizar a información dos lugares de interese turístico que se suscita desde a nosa comarca na actualidade.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e a Concelleira de Turismo, María Iglesias Fernández, reuníronse en Baiona cos concelleiros de turismo do resto de concellos galegos integrantes da Asociación Vilas Marineras. Á cita acudiron os concelleiros de Sanxenxo, Jesús Sueiro, Ortigueira, Ana María Fojón e Viveiro, María Soledad Rey.
EU presenta escrito no Parlamento Galego e no Concello de #Baiona en defensa de As Escubichas.
O voceiro de EU-SON, Silvano Montes Sánchez, sinala que durante a pasada campaña electoral, con motivo da visita que realizou a Baiona a Coordinadora Nacional Yolanda Díaz, adquiriu un compromiso cos veciños das vivendas sociais As Escubichas.
O Concello de #Baiona retira o argazo dos areais da Ladeira
O Concello de Baiona informa que está retirando as algas que se atopan na beira da Praia Ladeira. Sinalan que desde a Concellaría de Medio Ambiente, véñense realizando puntualmente ao longo do verán varias limpezas do argazo xa que este ano hai máis algas do habitual debido ao aumento da temperatura do auga.
#Baiona: Todo o que hai que saber para non perderse nada na Anunciada
Baiona engalánase este fin de semana para celebrar as festas en honor á súa patroa, a Virxe da Anunciada.
Durante catro días baioneses e visitantes poderán gozar dunha ampla programación que acolle actividades para todos os membros da familia.
O programa comezou esteo venres 31 de xullo co lanzamento, ás 11 da mañá, de 12 bombas de palenque. Pola tarde, ás 20:30 horas, a alameda Carabela Pinta acolleeu o espectáculo “Peor Imposible” de Peter Punk. Xa pola noite ás 23:00 horas amenizou a festa no parque da Palma o concerto de Paracetamol e do grupo de rock español La Fuga.
A xestión do servizo municipal de auga seguirá privatizado en #Baiona inda os reclamos da oposición.
O Concello de Baiona aprobou onte en pleno o requirimento previo para a adxudicación do contrato de concesión do servizo do auga á empresa Gestagua. De presentar dentro dos próximos dez días a documentación solicitada o contrato de adxudicación ficará firmep olos próximos vinte anos e por un total de 41 millóns de euros .
A proposta foi presentada ao pleno polo goberno local cun informe técnico. A mesma saíu adiante cos votos dos nove concelleiros do PP fronte aos oito da oposición que defendía unha municipalización do servizo.
Arnild, a nena náufraga do iate Thalassa retorna a Baiona a piques de cumprise sete décadas da traxedia.
Hedwing, Arnild, Erling, .... até un total de catorce persoas eran viaxeiros e tripulantes do Thalassa que botou até o día 30 de decembro de 1948 amarrado no porto de Vigo, día no que arrincou rumbo América. Ó chegaren á altura do Porto decidiron dar volta cara Vigo co triste remate nas pedras de Silleiro. A Arnild levouna até terra firme o motorista de 56 anos Ansger Brevig. Acarrexábaa nos hombreiros cando unha vaga guindou a nena en terra firme e afogou o home. Eran as oito da mañán e o soldado da batería de Silleiro Luciano Buño Viña abrigou cun capote a nena que viña empapada e encouro. No accidente morreulle pai, nai e irmán. Así lembraba o historiador Xosé Lois Vilar (IEM) o tráxico naufraxio do Thalassa nun artigo de recente publicación. Artigo premonitorio que sen sabelo preparou a memoria colectiva para recibir en Baiona nestes días a Arnild Utheim, a única sobrevivente do afundimento.
O Museo Casa da Navegación de Baiona recibiu a vista da norueguesa quen realizou un percorrido polas instalacións.
Próximo a 200 persoas responderon á convocatoria do IEM para visitar a aldea medieval de San Cosme.
A tarde ameazaba choiva mais rematou sendo ideal para para camiñar "pola agradable temperatura e o doado camiño que percorremos dende A Chan da Lagoa ata o núcleo de San Cosme e a Fonte Santa", sinala o profesor Xilberte Manso do Instituto de Estudos Miñoranos. Salienta a presenza de polo menos 180 persoas entre veciños e visitantes que concorreron á convocatoria do IEM a esta visita guiada polo mozo de Baíña e historiador baionés, Anxo Rodríguez Lemos, da Sección de Historia, Arqueoloxía e Toponimia do IEM.
#Baiona : Vivendas sociais de As Escubichas atrapadas nun plan urbano con taxas para vivendas de luxo.
"Nos próximos días podemos asistir en Baiona á incomprensible paradoxa social onde 24 vivendas sociais en As Escubichas terán que afrontar o 10% do gasto do axardinamento dunha urbanización de luxo con máis de 200 chalés", denuncia o concelleiro Rafael Lores (PSOE).
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL