Luns, 5 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

A Banda de Música de Baiona ofrecerá un concerto nocturno na praza do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

banda baionaA Banda de Música Municipal de Baiona ofrecerá este venres un concerto a partir das 23 horas no escenario central montado na praza do Concello. Entrada libre.

Socialistas ven “curioso” que o levantamento do peche ao Villa Rosa coincida cunha visita do vice da Xunta.

Correo-e Imprimir PDF

villa rosa fronteAsí o expresou Rafael Lores, secretario xeral do PSOE de Baiona nun comunicado público. Tras denunciar "escurantismo" no proceder do alcalde Vázquez Almuíña (PP), engade que o peche que pesaba sobre a discoteca Villa Rosa, propiedade de Ezequiel Simóns, foi levantado "curiosamente ao día seguinte da visita do Vicepresidente da Xunta de Galicia, o Sr. Rueda"
"De improvisación, ausencia de rigor e fundamentalmente escurantismo, é como podemos cualificar a xestión do peche e a posterior apertura de Vila Rosa por parte do alcalde de Baiona", denunciaba esta fin de semana o concelleiro da agrupación socialista de Baiona, Rafael Lores.

Conceden subvención para mellorar a accesibilidade turística ao miradoiro do Cortelliño. #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

almuinhacortelinhoA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e mais o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, visitaron hoxe o miradoiro do Cortelliño na Serra da Groba. Este será un dos enclaves beneficiados dunha subvención autonómica próxima aos 2 millóns de euros a repartir entre máis de 100 destinos turísticos.

Esta liña de subvencións ten por obxectivo dotar ao medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización adecuadas para que se converta nun destino accesible para todos a través da adecuación dos recursos, segundo explican dende a Xunta de Galicia.

As pedras orixinais da Virxe da Rocha extraídas na restauración ficarán xunto á placa que lembra a Luis Calleja . #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

callejaEmpresario do Teatro Real de Madrid e político madrileño, pasaba a tempada de veraneo en Baiona. En 1911 organizou un concerto a prol de fondos para a construción da Virxe da Rocha, ao que asistira a raíña Victoria e parte da familia real. Lémbrase na vila o seu compromiso coa promoción da vila como centro turístico e a súa implicación en diversos actos de solidariedade cos máis necesitados. Esta mañá o alcalde de Baiona xunto con descendentes do homenaxeado colocaron unha placa co seu nome na glorieta que se sitúa nas rúas Tomás Mirambel e a estrada de suba á Virxe da Rocha, que leva o seu nome.

#Baiona : Podemos organiza unha charla-coloquio sobre Medio Ambiente no Ángel Bedriñana.

Correo-e Imprimir PDF

valminhorO encontro abordará as temáticas "Pesca e Medio Ambiente" , "Crises e Medio Ambiente" e "Políticas neoliberais e Medio Ambiente". Será o vindeiro sábado 15 de agosto ás 19 horas na Sala Multiusos "Ángel Bedriñana", no soto da Praza de Abasto de Baiona. Entrada de balde.

O xuíz non admite a denuncia por "desobediencia á autoridade" contra o responsable do Villa Rosa

Correo-e Imprimir PDF

villa rosa terrazaO xuíz de instrución número 7 de Vigo considera que o delito que se lle atribúea a Ezequiel Simóns, dono do local, non é constituínte de infracción penal "ao non estar regulada dita conduta como tal no Código Penal", segundo da conta nesta xornada La Voz de Galicia.

Segundo a mesma fonte, en todo caso o Concello de Baiona podería interpoñer unha demanda por vía administrativa si considérao oportuno.

#Baiona perde unha das atraccións nocturnas co precintado por 15 días da discoteca Villa Rosa .

Correo-e Imprimir PDF

villa rosa edifSobre o local pesaba unha multa de 1.500 euros e 15 días de peche por por dunha denuncia por exceso de ruídos tramitada durante a derradeira Arribada ante o Concello de Baiona.
Pese á orde o local abriu da noite do xoves ao venres. Efectivos da Garda Civil e Policía Local ingresaron á media noite brevemente ao local máis non impediron que seguira aberto.

Sobre as 20 horas do venres, a empresa que xestiona a discoteca anunciou aos seus clientes o peche: "Por orden del ayuntamiento de Baiona, Villa Rosa permanecerá precintado. Les mantendremos informados. Disculpen las molestias".

En Sabarís non hai cultura

Correo-e Imprimir PDF

Avda Julián Valverde este sábadoEn Sabarís non hai cultura, nin en Baredo, nin en Baiña nin en Belesar. 

Esta é a conclusión que se pode desprender repasando o programa cultural "Baiverán 2015" logo de que  toda a actividade cultural e de lecer organizada polo Concello de Baiona quede centralizada exclusivamente no centro da vila deixando de lado as parroquias.

Un gran marco de público acompañou a Xeira do IEM pola Estrada Real a Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

santa marta iemMáis de duascentas persoas asistiron a xeira pola antiga Estrada Real, ou camiño vello a Baiona, organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos coa guía de Antonio Soliño, Anxo Rodriguez Lemos e Carlos Méixome. O camiño deparou pontes, cruceiros, casas, prazas e pazos, fontes, camiño e historias cargados de anécdotas con singulares protagonistas que deixaron as súas pegadas nunha paisaxe que vai mudando ao longo do tempo, as veces non con moi bo xeito.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL