Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Socialistas ven “curioso” que o levantamento do peche ao Villa Rosa coincida cunha visita do vice da Xunta.

Socialistas ven “curioso” que o levantamento do peche ao Villa Rosa coincida cunha visita do vice da Xunta.

Correo-e Imprimir PDF
villa rosa fronte

Así o expresou Rafael Lores, secretario xeral do PSOE de Baiona nun comunicado público. Tras denunciar "escurantismo" no proceder do alcalde Vázquez Almuíña (PP), engade que o peche que pesaba sobre a discoteca Villa Rosa, propiedade de Ezequiel Simóns, foi levantado "curiosamente ao día seguinte da visita do Vicepresidente da Xunta de Galicia, o Sr. Rueda"
"De improvisación, ausencia de rigor e fundamentalmente escurantismo, é como podemos cualificar a xestión do peche e a posterior apertura de Vila Rosa por parte do alcalde de Baiona", denunciaba esta fin de semana o concelleiro da agrupación socialista de Baiona, Rafael Lores.

Engade que "sen mediar explicación péchase o local e posteriormente precíntase, con denuncia penal e non admisión por parte do xulgado incluída". A maiores "anúnciase que é en cumprimento dunha sanción de 15 días por denuncias anteriores. Ante o recurso da propiedade ao decreto de peche da alcaldía, o alcalde manifesta que aínda que se retiren as medidas cautelares non se procederá á apertura do local pola existencia de deficiencias urbanísticas".

Para Lores, curiosamente ao día seguinte da visita do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda "anúnciase a apertura do local, xustificando que as deficiencias urbanísticas foran emendadas pola propiedade. O moi pouco consistentes eran os argumentos de peche ou moi pouca fortaleza ten o alcalde para manter o seu criterio ante as presións do seu partido".

Os socialistas esixen ao alcalde Vázquez Almuíña unha explicación "profunda de cales son as verdadeiras razóns do peche e da posterior apertura".
Por outra parte demandan que "dunha vez por todas que se defina como se quere xestionar a noite de Baiona, algo que é imprescindible para a nosa mocidade e o futuro turístico da nosa vila, acabando coa improvisación, a falta de rigor e criterio na aprobación ou no rexeitamento de licenzas".