Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona #Baiona perde unha das atraccións nocturnas co precintado por 15 días da discoteca Villa Rosa .

#Baiona perde unha das atraccións nocturnas co precintado por 15 días da discoteca Villa Rosa .

Correo-e Imprimir PDF
villa rosa edif

Sobre o local pesaba unha multa de 1.500 euros e 15 días de peche por por dunha denuncia por exceso de ruídos tramitada durante a derradeira Arribada ante o Concello de Baiona.
Pese á orde o local abriu da noite do xoves ao venres. Efectivos da Garda Civil e Policía Local ingresaron á media noite brevemente ao local máis non impediron que seguira aberto.

Sobre as 20 horas do venres, a empresa que xestiona a discoteca anunciou aos seus clientes o peche: "Por orden del ayuntamiento de Baiona, Villa Rosa permanecerá precintado. Les mantendremos informados. Disculpen las molestias".

No correr da noite as consultas dos clientes aumentou ante o rumor que o local descoñecería a orde municipal, como xa o fixera 24 horas antes.
Sen embargo, agora a resposta da empresa foi contundente: "La información es la que está publicada en la página, muy a nuestro pesar".

Os avogados da discoteca aseguran que a actuación do Concello non está sendo a adecuada, segundo recolle La Voz de Galicia. Estiman que, ante os recursos que están presentando a Administración, esta non pode executar a sanción si a vía administrativa non foi esgotada.