En Sabarís non hai cultura, nin en Baredo, nin en Baiña nin en Belesar.
Esta é a conclusión que se pode desprender repasando o programa cultural "Baiverán 2015" logo de que toda a actividade cultural e de lecer organizada polo Concello de Baiona quede centralizada exclusivamente no centro da vila deixando de lado as parroquias.
A axenda cultural do Concello de Baiona de 2015 deixou de lado ás parroquias do municipio, incluso eliminando as únicas actividades fóra do centro da vila programadas o ano pasado, como eran as sesións de cine na rúa.
Este ano 2015 toda a programación quedou centralizada e focalizada no centro da vila, con todo o que supón de beneficio para os negocios, pero tamén de sobrecarga de aforo e tráfico, algo que tamén volveuse en contra. E iso que, parroquias como Sabarís, contan cun nucleo ben consolidado, un centro urbán propio e espazos adecuados para albergar actuacións musicais, teatro, maxia, ... ou calquera das 107 actuacións programadas para este verán de 2015.
As parroquias teñen que conformarse este ano coas festas locais tradicionais organizadas polas distintas comisións, así como as actividades organizadas a iniciativa das asociacións culturais ou incluso dos propios comerciantes e empresarios que ven na época estival como a única época do ano para poder facer caixa e "capear o temporal do inverno" dada a estacionalidade do turismo na zona.
A cuestión no é un tema baladí se temos en conta que o concello de Baiona nos orzamentos de 2015 aprobou unha partida total 689.114,72 € para "cultura + promoción cultural + festexos e festas populares + turismo" o que supón 0 8,5% do total do orzamento según a táboa publicada no BOP dos cales 201.315 euros corresponden a Cultura, 147.403 € a Promoción cultural, 195.150€ a "Festejos y fiestas populares" e 145.246€ a Turismo.
Mentras as terrazas e as rúas do centro da vila están cheas de xente atraídos de por sí pola singularidade propia do entorno e o aliciente das actuacións e os concertos; as rúas e o centro de Sabarís presentan unha estampa, que salvo pola temperatura da noite, é a mesma que no inverno. Baleiras.