Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Un gran marco de público acompañou a Xeira do IEM pola Estrada Real a Baiona.

Un gran marco de público acompañou a Xeira do IEM pola Estrada Real a Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
santa marta iem

Máis de duascentas persoas asistiron a xeira pola antiga Estrada Real, ou camiño vello a Baiona, organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos coa guía de Antonio Soliño, Anxo Rodriguez Lemos e Carlos Méixome. O camiño deparou pontes, cruceiros, casas, prazas e pazos, fontes, camiño e historias cargados de anécdotas con singulares protagonistas que deixaron as súas pegadas nunha paisaxe que vai mudando ao longo do tempo, as veces non con moi bo xeito.

Aprendeuse de cousas vellas que para moitos son novas, e tamén fíxose a vista en detalles que ata onte eran un punto na paisaxe sen máis, e que a partires de agora serán fitos da nosa historia con nomes e apelidos ou con personalidade propia.

Para rematar, a poesía de Ludovico Ariosto e o seu poema épico Orlando furioso, coa historia da bela Sabela, veciña de Baiona e a súa historia de amor, recitado na versión galega do escritor Miguel Anxo Mouriño na fermosa voz de Carmen Penin de 2 na fronteira.