A situación xerada coa implantación dos ciclos básicos de FP de Electricidade e Electrónica no IES 1º de Marzo "preocupa" á agrupación socialista de Baiona. A imposición desta especialidade de FP ao centro pola Xunta de Galicia está a traer graves problemas pola ausencia de infraestruturas adecuadas para atendelo. Nomeadamente a carencia dun laboratorio específico para o seu ensino. Os socialistas entenden que a resolución foi tomada polo goberno autonómico sen consultar á comunidade educativa de Baiona. Tamén sinalan ao gobernante PP no municipio "que dende o Concello non di nada e non defende os intereses dos seus veciños".
Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor
O BNG convoca unha asemblea aberta na Praza de Abastos de Baiona.
O BNG en Baiona convoca a unha asemblea aberta para veciños de Baiona a celebrarse vindeiro xoves 25 de setembro ás 20:30 horas, na Praza de Abastos da vila. A agrupación nacionalista sinala a súa intención xerar unha instancia de “ interlocución directa con aquelas persoas que desexen achegar propostas e críticas para que a alternativa real que constitúe o BNG fronte aos partidos que non queren mudar as regras de xogo, ou facelo no seu propio beneficio, non só siga sendo referente senón que se fortaleza no panorama político baionés”.
Municipais 2015: O candidato do PSOE de Baiona se coñecerá en outubro tras primarias abertas.
O PSOE de Baiona inicia o proceso das "primarias" para a elección do candidatos cara as municipais de 2015. Decidido na executiva da semana pasada, o sábado 20 tivo lugar o nomeamento do Comité de Garantías que velará polo bo desenvolvemento do proceso. Corpo de militantes que estará composto por persoas alleas á Executiva local, segundo un comunicado oficial da mesma. A agrupación, deu a coñecer o calendario destas primarias que rematarán coa proclamación do candidato o próximo venres 24 de outubro. "O proceso está aberto a todos e todas as militantes socialistas e simpatizantes progresistas" de Baiona, salientou Rafael Lores, secretario xeral do PSOE de Baiona
As augas fecais retornan á superficie no camiño do Ferreiro en Sabarís
Unha alcantarilla situada no camiño do Ferreiro en Sabarís segue retornando as augas fecais producindo malos cheiros e esparcindo excrementos na superficie.
O problema repítese neste punto dende que remataron as obras de humanización da Avda. Julián Valverde, un problema que técnicos e concello aseguraron quedara resolto o ano pasado.
Internas no PSOE de Baiona: “é hora de abrir o partido á sociedade baionesa”.
A Executiva da Agrupación Socialista de Baiona acordou abrir un proceso aberto a toda a militancia para a elección do candidatos e candidatas ás vindeiras eleccións municipais. Sinalan que esta convocatoria está enmarcada "no espírito de primarias no que está inmerso o Partido Socialista". O proceso estará aberto a toda a militancia e simpatizantes do concello, sinala un comunicado da agrupación.
VIDEO | Un conductor perde o control do coche e colisiona na avenida de Sabarís
Un conductor de 83 anos perdeu hoxe o control do seu vehículo e empotrou inicialmente contra unha furgoneta e parte do mobiliario urbán de pedra da avenida interior de Sabarís.
O “I’ll be back” gusta aos socialistas de Baiona, mais botan de menos unha política turística consensuada.
O vídeo Reaching Baiona mostra unha imaxe da Erizana desde a perspectiva dun visitante que chega por primeira vez e conta –en inglés con subtítulos en castelán- cal é a súa primeira impresión. O traballo feito con fins publicitarios, reforza o convite coa frase “I’ll be back” , no remate da peza. Expresión dobremente célebre grazas á canción de igual título da banda The Beatles e a película The Terminator. A peza é recoñecida como de “calidade” polos socialistas de Baiona, aínda que lamentan que a inversión na súa produción non vai ter “os resultados que todos desexamos”. Neste senso, botan de menos a ausencia dun plan estratéxico en materia de turismo que acompañara a presentación do vídeo, o pasado 29 de agosto no Parador Nacional Conde de Gondomar.
O Concello de Baiona continúa co trámite de expropiación da Casa de Teresina.
O Concello de Baiona continúa co trámite de expropiación da Casa de Teresiña, histórica finca do século XVII, localizada a carón da casa consistorial e propiedade de dona Mercedes Álvarez Acal. Trala aprobación no pleno do pasado 21 de agosto, do expediente de expropiación, o Boletín Oficial da Provincia publica este luns 1 de setembro, a relación dos bens afectados, en dúas parcelas próximas aos 633 m2, segundo estimacións municipais.
Licitan as obras de reurbanización da Praza Padre Fernando no casco vello de Baiona.
Por un total de 341.090,44 € sae a licitación o proxecto de substituirá vellas canalizacións, eliminará o cableado aéreo e substituirá parte do mobiliario urbano localizado na zona da Praza Padre Fernando, fronte ao Convento das Dominicas. O prazo para que as empresas interesadas en facerse con esta obra pública se presente, abriuse hoxe trala súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. As obras serán a cargo de fondos municipais e ten un prazo de construción de 5 meses.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL