Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O “I’ll be back” gusta aos socialistas de Baiona, mais botan de menos unha política turística consensuada.

O “I’ll be back” gusta aos socialistas de Baiona, mais botan de menos unha política turística consensuada.

Correo-e Imprimir PDF

reaching-baiona

O vídeo  Reaching Baiona mostra unha imaxe da Erizana desde a perspectiva dun visitante que chega por primeira vez e conta –en inglés con subtítulos en castelán- cal é a súa primeira impresión. O traballo feito con fins publicitarios, reforza o convite coa frase “I’ll be back” , no remate da peza. Expresión dobremente célebre grazas á canción de igual título da banda The Beatles e a película The Terminator. A peza é recoñecida como de “calidade” polos socialistas de Baiona, aínda que lamentan que a inversión na súa produción non vai ter “os resultados que todos desexamos”. Neste senso, botan de menos a ausencia dun plan estratéxico en materia de turismo que acompañara a presentación do vídeo, o pasado 29 de agosto no Parador Nacional Conde de Gondomar. 

 

O PSOE reclama un consenso coas forzas vivas de Baiona.

Independentemente de recoñecer a calidade do vídeo, consideramos que se este non se enmarca nunha planificación máis ampla de promoción non vai ter os resultados que todos desexamos”, sinala o PSOE de Baiona.

Os socialistas botan de menos a ausencia dunha política de turismo traballada en consenso coas forzas vivas do municipio “Os socialistas de Baiona non dubidamos de que o sector turístico é un dos eixos fundamentais da economía do noso concello e a planificación promoción turística debe ser un das prioridades da xestión municipal”, afirma Rafael Lores, secretario xeral da agrupación do PSOE baionés.  Reclama un plan “consensuado cos comerciantes, hostaleiros, confraría, asociacións veciñais, parroquias” e outros colectivos e persoas para definir modelo común.

Cuestionan a actuación da administración de Vázquez Almuíña como de “actuacións illadas” e “descoordinadas”, que “non están resultado eficaces e supoñen un gasto considerable para as arcas municipais”.

Pola súa banda dende o Concello de Baiona, defenden que este “spot será o eixe central da campaña turística que se levará a cabo unha vez finalizada a tempada estival e que pretende alcanzar un gran impacto a través das redes sociais e páxinas web de todo o mundo”.  Engaden que “Isto permitirá levar a imaxe de Baiona a unha gran cantidade de persoas, en calquera parte do mundo, en uns poucos minutos”.

Socialistas reclaman a Vázquez Almuíña potenciar a Baiona no Camiño Portugués pola Costa.

Entre outros temas a desenvolver, sinalan que o Concello de Baiona debe ter en conta o “atractivo nacional e internacional dos camiños composteláns”. Nese senso entenden que débese potenciar o Camiño Portugués pola Costa e salientar o papel de Baiona nesta ruta xacobea.

Ruta xacobea pola costa

mapa xacobeo costa