Baiona engalánase este fin de semana para celebrar as festas en honor á súa patroa, a Virxe da Anunciada.
Durante catro días baioneses e visitantes poderán gozar dunha ampla programación que acolle actividades para todos os membros da familia.
O programa comezou esteo venres 31 de xullo co lanzamento, ás 11 da mañá, de 12 bombas de palenque. Pola tarde, ás 20:30 horas, a alameda Carabela Pinta acolleeu o espectáculo “Peor Imposible” de Peter Punk. Xa pola noite ás 23:00 horas amenizou a festa no parque da Palma o concerto de Paracetamol e do grupo de rock español La Fuga.
SABADO
O sábado a xornada comezará ás 11:30 horas co pasacalles dos Xigantes e Cabezudos acompañados polo grupo de gaitas “A Seneira”. Ás 12:30 horas o pasacalles, que percorrerá o casco antigo, será amenizado pola Banda de Música Municipal de Baiona que ofrecerá ás 13:00 horas un concerto na Praza do Concello.
Ás 20:00 horas acto relixioso (Misa Solemne) na Igrexa de Santa María de Baiona, cantada polo Coro de Homes Voces Baionesas. Acto seguido farase a procesión polas rúas da vila acompañada pola Banda de Música Municipal de Baiona que finalizará coa tradicional Danza das Espadas na Praza de Santa Liberata.
Á media noite terá lugar a gran tirada de fogos de luces. Tras isto, os que se acheguen ata o parque da Palma poderán gozar do concerto de Rosendo.
DOMINGO
A xornada do domingo comezará ás 11:00 horas coa tirada de 12 bombas de palenque. O pasacalles de Xigantes e Cabezudos amenizará as rúas da vila desde as 11:30 acompañados pola charanga Nova Cubana. Ás 13:00 horas actuará no Parque da Palma a Escola de Danza Vila de Baiona, xunto coas pandereiteras de Monte Boi e o grupo de gaitas “A Seneira”. Acto seguido terá lugar actuación da Danza das Espadas acompañada pola charanga Nova Cubana. Esta actuación contará cun bailador de honor, D. Amador Costas Gómez, que ademais será homenaxeado cunha placa pola súa dedicación ao longo dos anos ao tradicional baile baionés.
Pola tarde, ás 18:00 horas, celebraranse as tradicionais cucañas no peirao pesqueiro. Aqueles que desexen participar poden inscribirse na Concellaría de Cultura e Mocidade do Concello de Baiona.
Ás 20:30 horas, a compañía Circo Chosco ofrecerá o seu espectáculo de circo de rúa “Vos Forzu 22 na alameda da rúa Carabela Pinta.
Ás 23:00 horas terá lugar a Gran Gala Musical no parque da Palma, na que actuarán María del Monte, Los chunguitos, Álex Ubago e o cantante baionés Marcos Rodríguez.
LUNS
O luns, día 3 de agosto, celebrarase unha misa polos mariñeiros falecidos na Igrexa de Santa María de Baiona. Pola noite proxectarase ás 23:00 horas na Praza do Concello a película “Río 2”