Martes, 5 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Arnild, a nena náufraga do iate Thalassa retorna a Baiona a piques de cumprise sete décadas da traxedia.

Arnild, a nena náufraga do iate Thalassa retorna a Baiona a piques de cumprise sete décadas da traxedia.

Correo-e Imprimir PDF
casa navegacion baiona

Hedwing, Arnild, Erling, .... até un total de catorce persoas eran viaxeiros e tripulantes do Thalassa que botou até o día 30 de decembro de 1948 amarrado no porto de Vigo, día no que arrincou rumbo América. Ó chegaren á altura do Porto decidiron dar volta cara Vigo co triste remate nas pedras de Silleiro. A Arnild levouna até terra firme o motorista de 56 anos Ansger Brevig. Acarrexábaa nos hombreiros cando unha vaga guindou a nena en terra firme e afogou o home. Eran as oito da mañán e o soldado da batería de Silleiro Luciano Buño Viña abrigou cun capote a nena que viña empapada e encouro. No accidente morreulle pai, nai e irmán. Así lembraba o historiador Xosé Lois Vilar (IEM) o tráxico naufraxio do Thalassa nun artigo de recente publicación. Artigo premonitorio que sen sabelo preparou a memoria colectiva para recibir en Baiona nestes días a Arnild Utheim, a única sobrevivente do afundimento.
O Museo Casa da Navegación de Baiona recibiu a vista da norueguesa quen realizou un percorrido polas instalacións.

Xa tamén apareceran dous homes nas pedras de Baredo, eran cadáveres do iate de bandeira dos Estados Unidos que fóra ó fondo no Carreiro do Medio de Silleiro. Só se salvou Arnild unha nena norueguesa de 10 anos. A moza da Madorra era Hedwing Soberg Olsen a mestra de Arnild e do seu irmán Erling de 9 aniños, sinala o citado relato histórico de Vilar.

Do Thalassa morreron todos, os de a bordo menos unha neniña de 11 anos, Arnild. Xa entraba o día 1 de xaneiro de 1.949. Galerna.
Pero ós cadáveres aparecidos nas pedras de Baredo déronlle terra preto do cruceiro do cemiterio. Ó cadáver de Hewing, aparecido na area da Madorra, nun prado fóra do camposanto parroquial panxoneiro.

Sinalan dende o Concello de Baiona que Arnild complementou as explicacións do guía do museo ao relatar "moi emocionada os seus recordos da traxedia, aínda nítidos pese a transcorrer seis décadas" desde o 31 de decembro de 1948.

"Teño gravada a imaxe de cando me levantei na praia pola mañá. Había dous soldados e leváronme a un hospital", lembrou Anild durante a visita. Engadiu que só un día antes, o iate Thalassa, no que navegaba cos seus pais, os seus dous irmáns e outras dez persoas, partira desde Vigo rumbo ás Illas Galápagos, onde o seu pai ía traballar. Ante a maruxía que empeoraba, o capitán decidiu regresar. Pero xa non foi posible. Un terrible golpe de mar partiu en dous a embarcación e Arnild foi a única sobrevivente. "Logo dunha semana de coidados leváronme a Madrid para partir de novo a Noruega", onde quedaría ao coidado dunha tía ata que se casou e formou a súa propia familia.

Arnild Utheim, non visitaba a vila desde o ano 2012, cando o Concello de Baiona rendeu homenaxe nun emotivo acto aos náufragos do Thalassa.

Tralo seu paso polo museo da navegación, Utheim dirixiuse á Casa Consistorial para asinar no libro de honor do Concello de Baiona onde deixou por escrito o seu agarimo pola vila de Baiona.