Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Podemos recollerá propostas para o seu programa electoral en #Baiona

Podemos recollerá propostas para o seu programa electoral en #Baiona

Correo-e Imprimir PDF
podemos baiona

Podemos Galicia está a organizar encontros en diferentes puntos da xeografía galega durante todo agosto para recoller propostas cara ás eleccións xerais. Estas ideas serán votadas na última semana do mes para a súa inclusión no programa electoral do partido . A vila de Baiona acollerá un destes encontros o vindeiro venres 7 de agosto, ás 19 horas na sala "Ángel Bedriñana", na rúa Carabela La Pinta (xunto á Praza de Abastos, no Concello de Baiona).


A reunión é aberta "a participación de movementos sociais e a calquera persoa interesada en aportar propostas", segundo informou Podemos Baiona nun comunicado.
Nas xornadas estarán presentes os "Círculos, Consellos Cidadáns Municipais e o Consello Cidadán Galego" do partido liderado por Pablo Iglesias

Trátase dunha primeira fase de recolleita de propostas, que serán votadas polas persoas inscritas en Podemos na Comunidade galega a finais de mes a través do portal de participación do partido violeta, 'Praza Galicia'.

As achegas seleccionadas serán presentadas a nivel estatal para o seu votación e posible inclusión no programa electoral de Podemos de face ás eleccións xerais, que teñen previsto celebrarse a finais deste ano.