Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

A man feminina

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaNon pretendo realizar un estudo en profundidade sobre a poesía xaponesa. Só colocar algúns espellos para capturar a súa luz afastada e poder iluminar a análise da escrita literaria das autoras, no Xapón, ou aquí. Ou deixar algúns vimbios cos que, quen quixer, poida compor unha cesta que nos acolla.

Recentemente volvín á poesía xaponesa. E foi a través da lectura das antoloxías de Carlos Rubio e Luísa Freire que me situei de novo diante do feito da creación literaria realizada polas mulleres.

O meu amigo Juan

Correo-e Imprimir PDF

antonio valverde 2Esculcaba o Miñor dende os socalcos da memoria tribal de Morgadáns. Juan, que non era Juan, que era Antonio, pero que lle chamaban Juan. Antonio Valverde Alonso era Juan. Regresara, hai uns anos, aínda que en verdade nunca marchara, ao seo nutricio da Foz do Miñor, cando ficou reformado, como din en Portugal, país que coñeceu ben e do que tomaba expresións para incorporar ao seu magnifico, maino, suave e enxebre galego.

De alongada estirpe miñorá, exercía a memoria e agasallábanos con ela, a mancheas, aos que tivemos o privilexio da súa conversa. O seu amable sorriso, a súa mente aberta, o seu fino gusto artístico, a súa franca gargallada para remate dun "conto" como dicía, facían del un home enormemente atractivo.

Estudantes de FP poderán beneficiarse de becas para prácticas no estranxeiro nun plan provincial.

Correo-e Imprimir PDF

xunta goberno depoA Deputación de Pontevedra anuncia un investimento de 800 mil euros co obxectivo de por en marcha proxecto Erasmus + Practicum Depo 2016 que permitirá a máis dun centenar de estudantes e cinco docentes de ciclos medios de formación profesional realizar prácticas en empresas e institucións estranxeiras.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o proxecto Erasmus + Practicum Depo 2016 para o que a Dirección do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) colaborará e permitirá a estudantes maiores destes ciclos, maiores de 18 anos achegarse a mercados laborais como o de Reino Unido, Irlanda, Italia, Malta, Portugal, Países Baixos e Finlandia.

Aberto o prazo para solicitude de subvencións para entidades culturais e deportivas de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

O prazo para a presentación da solicitude será dun mes, contado a partir do pasado 21 de xuño, día seguinte á publicación do extracto da convocatoria e segundo se deprende do texto publicado no Boletín da Provincia.

A concesión destas axudas estará suxeita á disponibilidade presupuestaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016, segundo a consignación da aplicación presupuestaria 924-48900 do Orzamento xeral de 2016, polo importe 24.000 euros.

O Diario Oficial da Provincia vén de publicar o extracto da resolución de alcaldía de Baiona de 6 de xuño de 2016 pola que se convocan subvencións para actividades a realizar en 2016 por asociacións culturais ou deportivas.

Homenaxe a Luís Molist e e inauguración da mostra de bicicletas antigas en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

2016-0823-Cartel-expo-bici-fin-42x30Este martes ao mediodía tivo lugar no Auditorio Municipal de Nigrán, a presentación da Exposición Bicicletas Antigas en homenaxe a Luís Molist.

A mesma estivo previsto a presenza do homenaxeado , do alcalde Juan A. González y o concelleiro de Deportes, Luis Sanromán.

A exposición estará aberta ao público desde o 23 de agosto ao 1 de setembro no horario de 11:00 h. a 13:30 h y de 18:00h a 20:30 h. y a entrada será libre.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL