Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

O sábado no Portamérica

Correo-e Imprimir PDF

Arizona Baby - Foto Oscar PinalDespois do cartel do xoves, o do venres e o do sábado non conmovían moito pero o último día do PortAmérica abarrotouse o recinto como non, outra vez, con Vetusta Morla. Malia que a banda non traía novo disco e repetiu os éxitos de “Mapa” e “Un día en el mundo”, conseguiu xuntar de novo unha marea de fans loucos por cantar xa afónicos de corear a Supersubmarina. Molan os chimpos contaxiosos do vocalista Pucho, dun lado para outro, e ese espírito comprometido que puxo sobre as mans levantadas dos que escoitan pampos, con máis ganas de pasalo ben ca de indignarse, a frase de moda nas redes: “Dimitir, non é un nome ruso”. E un caramelo deixou para a despedida, ao outro lado da ría ao día seguinte habería unha sorpresa “Hasta aquí puedo leer”. ( O domingo tocaron en petit comité na sala Aturuxo de Bueu ).

A Volta dos Nove

Correo-e Imprimir PDF

Diapositiva1

De rapaces, alá polos anos cincuenta, xuntabámonos na Ramallosa uns que vivían na bisbarra, como Antonio Roade, Fino Lorenzo, Tilducha Montaña, Maida Abal, Alvarito “o da Espuma”, o fillo do alcalde de Baiona Nardo Pereira, Marisa Abal, Rafa Mascuñana “o cínife”,….mais outros que viñamos pasar o verán, entre os que estabamos, Manolo Martínez, Manolo Valverde, Luís Zamácola “o leucocito”, Justo, fillo dun anticuario do Rastro de Madrid,…..e eu.

Mono Sapiens XVII

Correo-e Imprimir PDF

Iglesias ViqueiraLa perplejidad se asombra bastante.

A Eulano, que nada hizo". Menos mal.

Cabría no nombrar a las mujeres primero en caso de catástrofe o podría ser interpretado como machista.

Las pasas de la empanada de bacalao también son ricas en Omega-3.

Despedida a Manolo Meixide

Correo-e Imprimir PDF

O pasado sábado, 18 de abril, na Xamonería Catro Camiños de Gondomar celebrouse un acto de homenaxe e despedida a Manolo Meixide Cameselle, veciño de Nigrán, investigador do Instituto Oceanográfico de Vigo, fundador de Salvemos Monteferro, propagandista do software libre e de toda sorte de música, en particular da brasileira, precursor da utilización das redes sociais na difusión de eventos festivos e musicais...

Amigas, amigos e familiares pronunciaron sentidas palabras en recordo do compañeiro falecido hai un mes.

Nigrán Decide e PSOE aínda non iniciarion conversas tras o 24M

Correo-e Imprimir PDF

Juan Gonzalez (PSOE) e Jose Cuevas (Nigrán Decide SON)Nigrán Decide manifesta estar conforme cos resultados do 24 M nos que obtivo 880 votos e 2 edís na nova corporación. José Cuevas Raposo e Anxo Mosquera Nogueira son os integrantes desta agrupación na nova corporación que seguramente terá ao que xa fora tenente de alcalde, Juan González (PSOE), como alcalde. Investidura para a que José Cuevas adianta que por descontado apoiarán, aínda que deberá decidilo a asemblea da agrupación. Por outra banda, Cuevas non mantivo aínda ningún tipo contacto con González tras a celebración dos comicios, segundo puido saber este medio.

Pese a isto, as conversas informais dende ambas agrupacións sinálase que hai "boa sintonía" para acadar os acordos necesarios, aínda que ninguén adianta se se fará cunha alianza para integrar o futuro goberno de Nigrán. Todo apunta a que os primeiros contactos terán lugar de cara á próxima fin de semana ou nos primeiro días da seguinte.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL