Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

Mono Sapiens XVI

Correo-e Imprimir PDF
Mono sapiens

Hay flores que huelen mal porque están hasta las narices.
Se lavan las manos para hacer pis.
Comprenda que no me levante: me tienen por maleducado.
El payaso está triste porque no le ríen la gracia.
Las preguntas sin respuesta lo son por definición.
El equilibrio guarda un rictus irónico.

O ferrador da Ponte d'A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

ponte-ramallosa-antonioPara Xoan 3 de 5

Aínda non hai moito tempo había un ferrador na praciña que dá entrada á Ponte de San Telmo camiño de Sabarís polo chamado Camiño Real, que atravesa o monte das Escobichas baixa polo barrio de Viso de Calvos, e pola outra banda sobe pola Cabreira a San Pedro formando a ruta por onde peregrinaban os romeiros que, dende A Guarda, collían o chamado "Camiño de Santiago pola Costa".

Antonio Araúxo (AGE): " a xente é consciente do poder do seu voto".

Correo-e Imprimir PDF

vilar-arauxo-cuevas-Alternativa Galega de Esquerdas celebra o mitin central en Gondomar, este mércores ás 20:30h no Auditorio Lois Tobío.

Xosé Antonio Araúxo destacou a asistencia de "xente moza e de persoas que até agora estaban fóra da vida política activa" como aspecto máis salientable da campaña de Alternativa Galega de Esquerda cara ás eleccións autonómicas. O ex alcalde de Gondomar ratificou a necesidade " de que esta participación se traslade ás urnas", co xeito de posibilitar o "cambio de rumbo" na Xunta de Galicia. A coalición de esquerdas celebrará o seu mitin central no Val Miñor este mércores 17 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Dos sons

Correo-e Imprimir PDF

son-1Hai pouco, souben que as campás fúndense dunha soa vez, vertendo o bronce nun molde disposto nun burato da mesma terra, do tamaño e fondo requiridos. Seica é o único xeito de facelo, de acadar o seu característico son cristalino. Así, cada campá posúe o seu propio timbre, indisociable dela, como se os artesáns dispuxeran, tamén, dos coñecementos e técnicas dun afinador. Pola contra, artellándose por anacos, aos pulos, ao longo do tempo, a obra en proceso, afirmándose na aventura das súas deformacións, afonda nas imprescindibles discordancias, na superación gradual das súas contradicións e desarmonías internas. Nesa lenta cristalización, a obra amósase como algo vivo, inacabado, se cadra, ao final, ilusorio, irrealizable. O certo é que non podo imaxinar a un ser humano mantendo, no tempo total da súa vida, unha única voz harmónica.

Tras a arquitectura.

Correo-e Imprimir PDF

Debuxo-a-s-t-2009Convido a quen teña interese pola boa arquitectura, por sentir algunha das máis íntimas emocións provocadas por esta disciplina artística, a visitar Viana do Castelo. Quen o faga terá ocasión, se lle peta, de percorrer a historia mentres acariña pedras vellas sabiamente labradas, de entrar en contacto cos ferros e obras do XIX, de transitar polo racionalismo do XX e de tocar a contemporaneidade, e, dentro desta e, enténdase, argumento principal para a publicación deste artigo, deleitarse cunha peza portentosa. Se ademais media afección polos libros e a lectura, a ocasión será practicamente única.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL