Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Aberto o prazo para as inscricións no campamento de verán en Nigrán

Aberto o prazo para as inscricións no campamento de verán en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Campamento Verán Nigran 2018

O Concello de Nigrán organiza un campamento urbano para favorecer a conciliación laboral das familias durante as vacacións escolares de verán, que se desenvolverá do 25 de xuño ao 31 de xullo no colexio de Panxón en horario de 9.00 a 14.00, con posibilidade de amplialo.

Ofrece 120 prazas destinadas a nenos nados entre 2006 e 2015 a 75€ e 85€ en función do horario, con bonificacións para as unidades familiares con escasos recursos.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 25 de maio e os interesados deben dirixirse ao Centro de Información á Muller ou á oficina de información do Concello.

  03/05/2018 BASES DA CONVOCATORIA “CAMPAMENTO DE VERÁN 2018”