Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A Xunta declarará bens culturais catorce petróglifos da comarca

Correo-e Imprimir PDF
Petroglifo Outeiro do Lameiros - SabarísArqueólogos da Universidade de Santiago realizarán as tarefas técnicas previas en 8 municipios da comarca.

A maxia dos petroglifos nas noites de verán.

Correo-e Imprimir PDF
 As xeiras nocturnas do Instituto de Estudos Miñoranos. Comezan este ano un tipo especial de xeiras, que teñen lugar a partir das 23,30 horas da noite.

Tertulias do IEM con Teresa Moure

Correo-e Imprimir PDF
TERESA MOURE a autora de premiada e recoñecida novela “Herba moura” estará nas TERTULIAS do IEM.
O venres primeiro de xuño de 2007 ás 20:30 horas terá lugar a última das TERTULIAS do IEM do curso 2006/07.

Recital poético-musical Memoria do 36 en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Ampliar imaxeO sábado 26 de maio ás 22:30 h. no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, organizado pola Comisión Volta dos Nove e polo Instituto de Estudos Miñoranos ...

Castelao en Vincios

Correo-e Imprimir PDF
Ampliar imaxePor Carlos Méixome -  A Luísa e Gumersindo Pazos.
Coas múltiples e diversas posibilidades de comunicación actuais e máis de tres décadas de campañas electorais, demos en considerar os mitins políticos como parte dunha rutina e estes mudaron da orixinaria vontade de convencer a unha, ás veces banal, “mise en scéne” aburrida e previsible: agora aplaudir, agora collerse das mans, agora tirar confeti, despois soltar os globos...

O primeiro museo do Val Miñor nace en Sabarís por iniciativa cidadá

Correo-e Imprimir PDF
POSTA EN VALOR DO CONXUNTO ARQUEOLÓXICO DE OUTEIRO DOS LAMEIROS UNHA INICIATIVA DA COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA CRISTINA DA RAMALLOSA

Dende o momento no que a Comunidade de Montes en Man Común de Santa Cristina da Ramallosa tivo coñecemento da existencia de petroglifos no monte veciñal e da importancia do conxunto procurou sempre a súa protección.

Primeiro procedeu, na década dos noventa, a cercar a zona e a mantela con vexetación controlada, eliminando o eucalipto e sinalando o conxunto de inscricións. Foi aquela unha intervención moi rudimentaria, un valado perimetral e paneis informativos, mais que pretendía poñer en evidencia o interese da Comunidade de Montes en protexer un patrimonio de grande valor cultural.

Tertulia con Rosa Faraldo

Correo-e Imprimir PDF
O próximo venres 4 de maio terá lugar a penúltima TERTULIA DO IEM 06-07 no Pazo da Escola de Mañufe-Gondomar.
Nesta xornada contará coa participación da Psicóloga do Centro de Información da Muller de Baiona Rosa Faraldo. Veciña de Gondomar. Técnica en violencia e especialista en políticas de xénero. Forma parte do grupo de coordinación Avalia, dedicado á elaboración de programas e proxectos para mulleres. Coordina o programa Europeo interrexional EQUAL-IGUALDADER de promoción da muller no medio rural.  Antiga Directora do Centro de Día de Alecrín. Coautora do Plan de Prevención da violencia de xénero do Concello de Vigo, e Autora de numerosos Planos de igualdade de varios concellos, entre eles Baiona.

Presentación da revista número 5 do IEM

Correo-e Imprimir PDF
Amigos/as do IEM: O próximo venres 27 de abril ás 20:30 h. na Capitanía Marítima de Baiona (rúa Elduayen) terá lugar o acto de presentación a REVISTA DE ESTUDOS MIÑORANOS. Trátase do número 5/6 correspondente aos anos 2005/06.

Para que vos fagades unha idea do seu contido indicámosvos o índice deste número. O químico e profesor do IES Escolas Proval Salvador Rodríguez Muñoz fornécenos unha achega a Os estudos metereolóxicos no Val Miñor no primeiro terzo do século XX. Pola súa banda a arqueóloga e directora do Proxecto de Investigación Chan do Cereixo, promovido polo IEM coa axuda da Fundación Barrié de la Maza , Rosa Villar Quinteiro achéganos unha Breve memoria do proxecto de investigación arqueolóxica na Chan do Cereixo, Donas, Gondomar. Resumo da campaña de traballo de campo 2006.

Os dous de Chaín

Correo-e Imprimir PDF
A Antonio Araúxo por Carlos Méixome.
Foron as súas vidas paralelas. Naceron, case a un tempo, no alborexar do século pasado. De mozos andaron á procura de sustento ata acougar neste pequerrecho val regado por un Miño cativeiro e asentarse no Chaín pendurado das abas do Galiñeiro camiño de Morgadáns. Entre nós foron proletarios da terra. Andaban ao xornal, ás veces sachando vides ou milleirais, outras batendo croio para facer as estradas que a ditadura primoriverista iniciou e a breve república continuou.

Aquí namoraron cadansúa galega. Casaron e tiveron fillos. As súas mulleres herdaron algunha que outra terra de labor que traballaron con ansias mentres seguían a ir ao xornal e anotados no “Sindicato de la Edificación de Gondomar y sus contornos” para que os chamasen como peóns “camineros”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL