Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Continúa a mostra de teatro de Gondomar con Skéne Teatro

Correo-e Imprimir PDF
Este sábado 3 de novembro, a Mostra de Teatro de Gondomar continúa coa participacion da compañía Skéne Teatro que porá en escea a obra "A asamblea das mullere".  Unha divertida comedia clásica do gran dramaturgo Aristófanes.

Na procura de cincuenta mártires

Correo-e Imprimir PDF
Xosé Lois Vilar e Ana Rodríguez amosan a fosa común do camposanto de Baiona. / jesús de arcosAs homenaxes ós represaliados do réxime franquista non son suficientes se o que se pretende é dignificar os que morreron pola causa republicana. Por iso, a Fundación Volta dos Nove e o Instituto de Estudos Miñoranos pretenden excavar as fosas comúns dos cemiterios de Baiona e San Xián, no Rosal. Alí se atopan, segundo as investigacións, once corpos de homes asasinados a mans de fascistas.

Nove Dous teatro abre este sábado a mostra de teatro Roberto Vidal Bolaño en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Obra de teatro fóra de xogoO grupo de tratro ourensán Nove Dous Teatro será o encargado de abrir un ano máis a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar. Este sábado 27 de outubro ábrese a mostra coa comedia Fóra de Xogo de Novedous Teatro.

O regreso á escola será o tema da nova sesión de CONTOMAR este luns

Correo-e Imprimir PDF
Anterio sesión de Contomar - Foto Fran AlonsoLogo do éxito do comezo da nova tempada das sesións de contacontos do programa CONTOMAR o pasado luns, que contou coa presenza de máis de 40 nenos e nenas, o próximo luns haberá unha nova sesión dedicada ao tema do regreso á escola, con contos como "O primeiro día de escola de TEO", "Iago vai á escola" ou "Mila vai á escola", historias que nos permitirán reflexionar cos nenos e nenas sobre o cambio de hábitos que supón a fin do verán e o comezo das clases. 

Contacontos na biblioteca de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Na Biblioteca Municipal do Concello de Nigrán, dentro da campaña de fomento á lectura 2007, imos levar a cabo 24 sesións de Contacontos; éstas serán o día 9 de xaneiro de 2008; cada un destes 12 mércores imos disfrutar de dúas sesións de Contacontos: a primeira sesión, adicada ós cativos e nenos ata os 12 anos, será en horario de 17 a 18 horas; e a segunda sesión, máis axeitada ós rapaces a partir de 13 anos e adultos, será dende as 19 ás 20 horas.

Xose Luis Miguélez lanza o disco Esperanza

Correo-e Imprimir PDF
Portada do disco EsperanzaO pasado xoves día 11 de outubro celebrouse, no Teatro Colon de A Coruña, a gala de entrega dos "Premios Opinión" adicados á música galega e organizados polo xornal "La Opinión". O músico ourensan afincado en Sabarís, Xosé Luís Miguélez foi o encargado de abrir a gala nesta sexta edición, cunha presentación do seu novo CD "Esperanza", que sairá á venda coa Editorial Dos Acordes neste mesmo mes de outubro.

Comeza unha nova edición de Contomar

Correo-e Imprimir PDF
Portada do conto da xoaniña rosmona .As sesións terán lugar todos os luns ás 18:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. A Asociación de Nais e Pais "As Pontes", do CRA Antía Cal de Gondomar, retomou onte o proxecto de dinamización lectora CONTOMAR que inclúe, entre outras actividades, unha sesión semanal de contacontos para nenos e nenas de máis de tres anos na Biblioteca Muncipal.

Os nomes do mar

Correo-e Imprimir PDF
 Exposición no colexio de SabarísA sección de Recursos Didácticos do Instituto de Estudos Miñoranos dirixida por Pilar Barreiro Vilas vén de instalar no Colexio Público de Sabarís a exposición Os nomes do mar elaborada con materiais da recolleita de campo realizada por membros do IEM  e co traballo didáctico do Colexio Público de Camos merecente do Premio de Proxectos Didácticos Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego.

Emotiva homenaxe no 71 cabodano dos Nove de Baredo

Correo-e Imprimir PDF
Efrén Juanes e Antonio Arauxo durante o acto en BaredoO pasado sábado 13 de outubro celebrouse unha ofrenda floral aos nove veciños do Val Miñor asasinados na noite do 15 de outubro de 1936 no lugar coñecido como A VOLTA DOS NOVE. Nesta ocasión ademais dos familiares e amigos participaron os alcaldes de Nigrán, Efrén Juanes, e Gondomar, Antón Araúxo, que realizaron unha ofrenda conxunta ante o monumento realizado polo escultor Fernando Casas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL