Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Xose Luis Miguélez lanza o disco Esperanza

Xose Luis Miguélez lanza o disco Esperanza

Correo-e Imprimir PDF
Portada do disco Esperanza
O pasado xoves día 11 de outubro celebrouse, no Teatro Colon de A Coruña, a gala de entrega dos "Premios Opinión" adicados á música galega e organizados polo xornal "La Opinión". O músico ourensan afincado en Sabarís, Xosé Luís Miguélez foi o encargado de abrir a gala nesta sexta edición, cunha presentación do seu novo CD "Esperanza", que sairá á venda coa Editorial Dos Acordes neste mesmo mes de outubro.

Miguélez estivo acompañado ao piano por Pablo Diago e interpretando o tema "Noite", unha composición do propio autor para gaita solista, e os dous primeiros movementos da obra para Gaita e Piano "Luces do Atlántico" de Ernesto Campos que conten un tema ligado a contorna do Val Miñor, como é o caso de "Danzas do mar de Silleiro"

  Embed Embed this video on your site

As primeiras notas musicais soaron fuxidas da gaita de Xosé Miguélez, o primeiro gaiteiro de España en recibir a titulación superior en instrumentos tradicionais. Miguélez subiu ao escenario do teatro Colón para presentar ante o seu público os temas que compoñen o seu novo traballo discográfico, Esperanza.

O futuro pasa por un instrumento de fol negro que berra desexos e que, acompañado polas teclas do piano de Pablo Diago, consegue facer enteder ao auditorio que é posible conciliar pasado e futuro, historia e presente, a herdanza dos antigos gaiteiros co legado doutras culturas.

A música de Miguélez soa coma aquelas melodías que os gaiteiros "de oído" interpretaban porque as aprendían dos programas da radio ou dos vinilos chegados alén do mar. Soa a emigración e a mestura, á posibilidade de facer realidade o soño dos que pedían unha evolución no mundo da tradición. O soño dos que berraban por un futuro ben diferente, aínda que co raigame preso no pasado.

"Prometedor e moi esperanzador futuro lle espera á música galega con Xosé Miguélez", vaticinou a presentadora do evento que conta xa co seu sexto ano de vida.


A gala completouse coas actuacións de Nordestin@s, Maite Dono e os galardoados nesta edición o grupo Os Cempés, no seu anuncio como útlima  dasactuacións antes da desaparición do grupo.

Maís información sobre Xose Luis Miguélez : www.xlmiguelez.com