Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Volta doce amor

Correo-e Imprimir PDF
John DowlandPodemos afirmar que os ingleses son os reis do "hit parade".Xa dende o Renacemento a música feita na Gran Bretaña (¿cal é a pequena Bretaña) ben sendo un dos referentes mundiais, pero non vos pensedes que imos falar de Lenon e compaña, desta banda tócanos indagar na enigmática figura do compositor do Renacemento John Dowland.

Berrobambán Teatro este luns no Contomar

Correo-e Imprimir PDF

Hoxe luns, a Biblioteca Municipal de Gondomar acollerá a representación do espectáculo de animación á lectura "Un conto que nin pintado" da compañía Berrobambán Teatro, dentro da programación do proxecto de fomento da lectura CONTOMAR que organiza a Asociación de Nais e Pais As Pontes. Con esta proposta queremos enriquecer a oferta de actividades que promove o CONTOMAR e contribuír a reforzar o traballo de fomento da lectura que semana a semana, desde hai case dous anos, realizamos coas sesións de contacontos.

25 de novembro: ábrese outra nova oportunidade para o patrimonio inmaterial galego-portugués

Correo-e Imprimir PDF
Hai dous anos, en París, o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués aspiraba a ser proclamado Obra Mestra de Humanidade. Daquela, 65 candiaturas disputaban a proclamación. Delas, o flamenco e “As tradicións Orais Galego-Portuguesas”, quedaron, aquel 25 de novembro de 2005 sen ser proclamadas.

Fado

Correo-e Imprimir PDF
Amalia RodriguesQue perto estamos e que lonxe, as veces, te sinto. Este pode ser un dos sentimentos que nos transmite o fado, música portuguesa universal e que a vez tamén serve para definir esta indiferencia hispanica cara a cultura lusa, quen sabe se algún día as verbas de Saramago sean unha realidade e seamos todos un.

II Serán en Viladesuso (Oia) organizado polo grupo Fiada.

Correo-e Imprimir PDF
Mañan sábado terá lugar na parroquia de Viladesuso (concello de Oia) un serán organizado polo grupo “A Fiada” da citada parroquia. Este II Serán comezará ás 21:00 e nel actuarán unha boa chea de grupos do Baixo Miño e o Val Miñor, ademais dalgúns grupos de Pazos de Borbén e de Vigo

Teatro de Ningures na mostra de teatro de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Este sábado 24 de novembro, a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar continúa coa participacion da compañía Teatro de Ningures, "Emigrados". Varias olladas de autores galegos sobre a emigración.

 

As obras do porto de Baiona descobren restos de cerámica chinesa

Correo-e Imprimir PDF
mercés moralejoOs arqueólogos que investigan o fondo mariño do porto de Baiona atoparon pezas antigas de cerámica chinesa mesturadas entre o lodo. Os traballos continúan desde a embarcación utilizada para o dragado da área onde levará a cabo a ampliación do peirao pesqueiro.

Conferencia de Fernando Rosas sobre o Franquismo e o Salazarismo

Correo-e Imprimir PDF

O Profesor Catedrático do Departamento de Historia da facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa e Deputado na Asemblea da República Portuguesa Fernando J. Mendes Rosas está o próximo sábado en Baiona, como relator da conferencia sobre "Franquismo e salazarismo: unha perspectiva comparada", organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos.

O Centro de Iniciativas do Val Miñor publicará un libro con poemas e fotos da comarca

Correo-e Imprimir PDF
Foto La Voz de GaliciaDario Alvarez entrega un dos premiosO hotel Miramar de Praia América acolleu a última hora do venres o acto de entrega dos premios do concurso de poesía e pintura que foron organizados polo Centro de Iniciativas Turísticas do Val Miñor, que preside o empresario Darío Álvarez.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL