Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Continúa a mostra de teatro de Gondomar con Skéne Teatro

Continúa a mostra de teatro de Gondomar con Skéne Teatro

Correo-e Imprimir PDF
Este sábado 3 de novembro, a Mostra de Teatro de Gondomar continúa coa participacion da compañía Skéne Teatro que porá en escea a obra "A asamblea das mullere".  Unha divertida comedia clásica do gran dramaturgo Aristófanes.

A obra comeza cando un grupo de mulleres decide facerse co goberno da cidade. Pero nun mundo de homes terán que se disfrazar, falar e actuar como eles para convencer a todos os sabios de que as mulleres deben gobernar. Ademáis das divertidísimas escenas e da comicidade dos actores, resulta sorprendente o uso do coro grego, pois este coro é agora musical, así o público disfrutará de músicas pegadizas e cun gran ritmo.

  • Duración: 1 hora 25 minutos
  • Público preferente: adulto
  • No Auditorio Lois Tobío, ás 22: 30 h
  • Entrada: 3 euros
  • Venda: en taquilla