Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Recital poético-musical Memoria do 36 en Gondomar

Recital poético-musical Memoria do 36 en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Ampliar imaxe
O sábado 26 de maio ás 22:30 h. no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, organizado pola Comisión Volta dos Nove e polo Instituto de Estudos Miñoranos ... terá lugar o Recital poético-musical Memoria do “36”, Escolma poética sobre a guerra civil e a represión en Galicia con textos de: Xosé Mª. Alvarez Cáccamo, Cláudio Rodríguez Fer, Celso Emilio Ferreiro, X.L.Méndez Ferrín, Pilar Pallarés, Xesús Rábade Paredes, Eduardo Blanco Amor, Xesús Alonso Montero, María Casares, León Felipe, Xosé Quintas, Antón Seoane, Xosé Luís Bernal, Miguel Hernández, Emilio Álvarez Blázquez,...

Unha producción de Teatro do Atlántico que conta cos intérpretes: Pilocha , María Barcala, Xosé Luís Bernal,Xúlio Lago  e Xabier Constenla.Esta representación que chega por primeira vez ao sur da provincia de Pontevedra é posible grazas á colaboración da Direción Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O prezo da entrada é de tres euros.