Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Tertulias do IEM con Teresa Moure

Tertulias do IEM con Teresa Moure

Correo-e Imprimir PDF
TERESA MOURE a autora de premiada e recoñecida novela “Herba moura” estará nas TERTULIAS do IEM.
O venres primeiro de xuño de 2007 ás 20:30 horas terá lugar a última das TERTULIAS do IEM do curso 2006/07.

Como é costume terá lugar no PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar. Tras a tertulia, aberta ao público, terá lugar unha cea coa nosa convidada, para participar na mesma compre facer reserva no 680 644 490.

Nesta ocasión estará con nos a profesora e escritora TERESA MOURE quen será presentada polo profesor e membro do IEM Bieito Legaspi Villamarín.

Teresa Moure é autora das seguintes novelas: A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004; Herba moura (Xerais 2005), Premio Xerais de Novela 2005, Premio Irmandade do Libro á Autora do ano, 2005, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 e Premio da Crítica Española 2005; e Benquerida catástrofe (Xerais 2007).

Publicou, ademais, os ensaios Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 e A palabra das fillas de Eva (2005).

A súa novela Herba moura foi xa traducida a cinco linguas europeas.

Para un mellor coñecemento podese Ver entrevista en
http://vello.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=14&id=48187