Os próximos días 29 e 30 de xuño, e dentro da programación do Festival Vigo Transforma, terá lugar o primeiro Foro Internacional de Festivais Musicais, que se celebrará na súa primeira xornada en San Simón, a Illa do Pensamento, na Ría de Vigo e na Estación Marítima do Porto de Vigo na segunda. Esta segunda edición de Vigo Transforma, que terá lugar entre o 23 de xuño e o 2 de xullo, conta co apoio da Xunta de Galicia e está incluída no Ano da Música 2011.
A segunda edición de Vigo Transforma incluirá o primeiro Foro Internacional de Festivais Musicais
Recoñecemento da Consellería de Cultura ao grupo Berrogüetto.
![Roberto Varela mantivo un encontro cos integrantes do grupo galego de música tradicional Berrogüetto Roberto Varela mantivo un encontro cos integrantes do grupo galego de música tradicional Berrogüetto](/images/resized/images/stories/canais/musica/berroguetto-varela_100_100.jpg)
O grupo de música Berrogüetto foir recidbido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, en San Caetano (A Coruña). O grupo foi felicitado pola obtención do Premio da Música á Mellor Canción en Galego, outorgado pola Academia das Artes e as Ciencias da Música o pasado 19 de maio na gala da XV Edición dos Premios da Música. O galardón recibido por Berrogüetto no teatro Arteria Coliseum de Madrid premia á súa canción ‘Alalá da noite’ que abre o disco ‘Kosmogonías’, o seu último traballo de estudo.
Director, guionistas e actores da película "18 comidas" estarán presentes na exhibición no Val Miñor.
O vindeiro sábado18 de xuño ás 22:30h no Auditorio Lois Tobío de Gondomar pase do filme "18 comidas", organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e coa colaboración do Concello de Gondomar. Ao remate da proxección haberá un coloquio co seu director Jorge Coira, a coguionista, colaboradora do IEM e veciña de Morgadáns, Araceli Gonda e algún dos actores, pendente de confirmar. A entrada é libre.
Gran xornada de danza e música tradicional na V Foliada de Airiños da Lagoa en Baíña.
Hoxe sábado, 11 no Antigo Torreiro da festa de Baíña, no concello de Baiona, terá lugar a V Foliada organizada pola Asociación Folclórica Airiños da Lagoa. Ás 22h abrirán a foliada o grupo de pandereteiras "As Cascarillas" e o grupo de gaitas "Os Trebellos", da Asociación Folclórica "Airiños da Lagoa". Todos os interesados en participar, tocando ou cantando na foliada, pódense anotar polo teléfonos 627 008 926 / 986 356 109 ou durante o propio evento.
Morgadáns comeza a vivir as populares Festas de San Antonino e Santiago Apóstolo.
A Comisión de Festas San Antonio e Santiago de Morgadáns ten todo listo para comezar este domingo 12, os festexos da tradicional festa parroquial de San Antonino e Santiago Apóstolo durante xuño e xullo. Música, gastronomía e actos relixiosos – tradicionais compoñen a axenda da festividade que congrega non só aos habitantes de Entidade Menor Local, se non tamén do resto do concello de Gondomar e a bisbarra miñorán.
Convocatoria para o 5º Certame de fotografía Viaxando
As Oficinas Municipais de Información Xuvenil dos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, O Porriño, e a Casa da Xuventude de Tui, organizan un ano máis, o Certame de fotografía Viaxando, sendo este ano a súa 5º edición.
Alumnos do CPI Covaterreña e do CPI da Cruz premiados na 1º edición de "Un mundo de cor"
![Gañadora da 3ª Categoría (ESO): Marietu Ramos - CPI Covaterreña (Baiona) Gañadora da 3ª Categoría (ESO): Marietu Ramos - CPI Covaterreña (Baiona)](/images/resized/images/stories/baiona/av/un_mundo_de_cor_terceira_categoria_100_100.jpg)
Os debuxos de tres alumnos miñoráns foron premiados entre os máis de trescentos provenientes de toda Galicia, que participaron na primeira edición do concurso "Un mundo de Cor". Marietu Ramos Martos e Lara de Villalobos Herrero , do CPI Covaterreña de Baiona, obtiveron o 1º e 2º premio respectivamente da 3ª categoría para alumnos da ESO. Pola súa banda, Xiana Vilar Estévez do CPI da Cruz de Nigrán recibiu o 3º posto na 2ª categoría para alumnado de 4º a 6º de primaria.
O Conservatorio de Gondomar abre o prazo de matrícula para novos estudantes
• O prazo finaliza o 15 de xuño. Poderán inscribirse alumnos de entre 8 e 14 anos de idade.As disciplinas abertas son piano, viola, violín, saxofón, clarinete e guitarra.
• Os interesados poden inscribirse en horario de mañá na oficina da Omix ou ben no propio Conservatorio, no edificio do Auditorio Municipal, polas tardes.
EXPRESA – TE BAIONA: invita a presentar proxectos aos graffiteiros para os muros do CPI Covaterreña.
As Concellerías de Educación e Xuventude do Concello de Baiona, e o C.P.I Covaterreña, organizan unha convocatoria de pintada de Graffitis nos muros do citado centro educativo. Con este concurso pretendese crear un pequeno contexto artístico e social que sirva para "darlle un novo significado a unha infraestrutura, á vez que proporcionarlle aos novos artistas graffiteiros espazos para que poidan expresarse".
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL