Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Convocatoria para o 5º Certame de fotografía Viaxando

Convocatoria para o 5º Certame de fotografía Viaxando

Correo-e Imprimir PDF
joven-con-camara

As Oficinas Municipais de Información Xuvenil dos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, O Porriño, e a Casa da Xuventude de Tui, organizan un ano máis, o Certame de fotografía Viaxando, sendo este ano a súa 5º edición.

Poderán participar neste certame os mozos e mozas de entre 12 e 35 anos, e a temática das fotografías responderán ao título do Certame “VIAXANDO”.

As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o venres 30 de setembro de 2011.

Con todas as fotografías presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os concellos organizadores.

O fallo do xurado farase público o 10 de outubro de 2011. Difundirase o fallo nos medios de comunicación así como por teléfono á persoa premiada.

Concederase un único premio consistente nunha fin de semana para dúas persoas nunha Casa Rural de Galicia, dentro do programa “Outono gastronómico” de Turgalicia.