![O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá xunto a Amancio Prada o concerto especial Camelias para Cunqueiro O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá xunto a Amancio Prada o concerto especial Camelias para Cunqueiro](/images/resized/images/stories/canais/cultura/av/xunta/amancio-prada-roberto-varela_300_200.jpg)
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá xunto a Amancio Prada o concerto especial "Camelias para Cunqueiro", que o compositor e cantautor berciano ofrecerá o vindeiro venres día 10 de xuño no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A actuación enmárcase na programación do Ano Cunqueiro, que conmemora o centenario do nacemento do escritor, e na celebración do Ano da Música. Na actuación Amancio Prada –voz e guitarra– estará acompañado por Hilary Fielding ao violonchelo e Josete Ordóñez á guitarra e mandola. Xuntos interpretarán poemas tan coñecidos como A dama que ía no branco cabalo, O cabaleiro da pruma na gorra, No sono do cuco novo ou Outono cedo de gaitas, entre outros títulos do rico poemario cunqueirano.