Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura EXPRESA – TE BAIONA: invita a presentar proxectos aos graffiteiros para os muros do CPI Covaterreña.

EXPRESA – TE BAIONA: invita a presentar proxectos aos graffiteiros para os muros do CPI Covaterreña.

Correo-e Imprimir PDF
graffiti-na-escola

As Concellerías de Educación e Xuventude do Concello de Baiona, e o C.P.I Covaterreña, organizan unha convocatoria de pintada de Graffitis nos muros do citado centro educativo. Con este concurso pretendese crear un pequeno contexto artístico e social que sirva para "darlle un novo significado a unha infraestrutura, á vez que proporcionarlle aos novos artistas graffiteiros espazos para que poidan expresarse".

A temática elixida para esta pintada son os bosques, xa que o ano 2011 é o “Ano internacional dos bosques”.Poderán participar os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos.Todas as persoas interesadas deberán presentar un boceto previo do traballo, antes do luns 13 de xuño de 2011.

A realización da obra por parte dos artistas seleccionados terá lugar o día 20 de xuño de 2010.

Máis información na OMIX do Concello de Baiona, no teléfono 986385925, ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .