Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Morgadáns comeza a vivir as populares Festas de San Antonino e Santiago Apóstolo.

Morgadáns comeza a vivir as populares Festas de San Antonino e Santiago Apóstolo.

Correo-e Imprimir PDF
cartel_festa_morgadansedit

A Comisión de Festas San Antonio e Santiago de Morgadáns ten todo listo para comezar este domingo 12, os festexos da tradicional festa parroquial de San Antonino e Santiago Apóstolo durante xuño e xullo. Música, gastronomía e actos relixiosos – tradicionais compoñen a axenda da festividade que congrega non só aos habitantes de Entidade Menor Local, se non tamén do resto do concello de Gondomar e a bisbarra miñorán.

Domingo 12 xuño: Pola noitiña Gran Verbena coa animación dos grupos Aramio e Échale Salsita.

Luns 13 xuño. A partir das 7 da tarde terán lugar as tradicionais Poxas a San Antonino, e a continuación celebrarase unha misa con procesión.

Xoves 23 xuño. Gran Sardiñada con pan de millo no Torreiro de Festas de Morgadáns, a partir das 20 horas.

Domingo 24 de xullo: A partir das 22:30 horas verbena animada polo grupo Costa Dorada e o Grupo Talismán.

Luns 25 de xullo: Ás 10 da mañá entrada de pasarrúas na vila de Gondomar a cargo da Agrupación Musical de Vincios. 12 horas misa con sermón e procesión a Santiago Apóstolo. Ás 20 horas actuación do grupo de gaitas Balcón do Val Miñor. E pola noite verbena a cargo da Agrupación Musical de Vincios e o grupo Jalea Real.