A Volta regresará ao Val Miñor o domingo 21 de agosto na segunda estapa que dará incio na cidade de Ourense para tras 159 quilómetros acabar a primeira etapa en liña desta Volta 2016 en Baiona, previo paso por Nigrán. O comisariado deportivo da Volta España 2016 sinala que "a única dificultade montañosa (desta etapa) será de 2ª categoría. As forzas aínda estarán intactas para que algún valente atrévase a intentar unha fuga. Previsiblemente a etapa poderíase decidir ao sprint".
Os detalles do percorrido da 71ª edición da Volta a España (20 de agosto - 11 de setembro), cuxo pistoletazo de saída será na provincia de Ourense, desveláronse hoxe en Santiago de Compostela. En 2016, o pelotón da Volta a España percorrerá 3277 quilómetros a través de 16 provincias españolas pero tamén por unha banda dos Pirineos...franceses, xa que os corredores deberán enfrontarse, entre os múltiples retos que suscitan as 19 localidades inéditas, ao desafío que suscita unha chegada de etapa que se vai a decidir no país galo, no Col de l'Aubisque. Este ano, o percorrido da proba, cun papel importante de Galicia e a Comunidade Valenciana, propoñerá aos corredores doce etapas de alta e media montaña, sete etapas llanas e dúas contrarreloxo.