Mércores, 23 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes O bo baloncesto agradou aos asistentes do triangular organizado polo CB Nigrán

O bo baloncesto agradou aos asistentes do triangular organizado polo CB Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
triangular-nigran-cb-set2015

Moi bo ambiente no Torneo Triangular organizado polo CB Nigrán na mañá do sábado no pavillón de Panxón onde se puido gozar de bo baloncesto grazas ao xogo de Defensores do Morrazo e Rías Baixas .

Este torneo forma parte do programa de actividades de pretempada do CB Nigrán. Os partidos deron comezo ás 11 da mañá onde o CB Nigrán enfrontouse a Rías Baixas. Xogaron a continuación estes últimos contra Defensores e no último encontro da mañá o C .B.Nigrán enfrontouse a Defensores.

O Torneo serviu de preparación para probar diferentes tácticas por parte dos adestradores.

Ao finalizar realizouse a entrega de varios obsequios en agradecemento pola participación e procedeuse a realizar a foto de grupo.