Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

A 7ª Subida Cicloturista A Groba abre inscricións

Correo-e Imprimir PDF

ruta-a-grobaA Concellaría de Deportes de Baiona abre inscricións para participar na "7ª Subida Cicloturista A Groba". A competencia terá lugar o sábado 22 de agosto con saída no pavillón municipal de Baiona e meta no Alto da Groba. Os interesados en participar poden descargar o regulamento da carreira e encher a ficha de inscrición que logo deben presentar no pavillón municipal. Máis información no teléfono 986 356 588, no enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Inscricións abertas para o Campus de ciclismo en #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

campus-ciclismo-baionaDo 6 ao 10 de xullo terá lugar o Campus de ciclismo do Concello de Baiona. As xornadas comezarán ás 9:00 h e durarán ata as 14:00h . Durante estes días os participantes poderán gozar da bici a través das diferentes actividades programadas: gymkanas, carreiras, marchas, mecánica, iniciación ao duatlón, educación vial, ademais de gozar da contorna e da natureza.

Resultados do encontro da Federación Galega de Caza na Portavedra

Correo-e Imprimir PDF

foto cansparadapo2015cCunha climatoloxía acorde coa estación na que nos atopamos, unha participación de 20 cazadores e 36 cans, e baixo a organización da Federación de Galega de Caza en Pontevedra que contou coa colaboración da Sociedade de Caza "A Gondomarense" de Gondomar, o derradeiro domingo disputouse a Copa Federación de Cans de Parada en terreos da Portavedra.

Tese de doutoramento conclúe que o porteiro-xogador aumenta a eficacia ofensiva no fútbol sala.

Correo-e Imprimir PDF

580-f-sala

Se ben no fútbol tradicional que un porteiro se incorpore ao ataque adoita ser un recurso á desesperada nos segundos finais dun partido, no fútbol sala resulta menos estraño atoparse no campo coa figura do porteiro-xogador, unha opción que se adoita empregar tamén para remontar resultados adversos e que aumenta a eficacia ofensiva neste deporte, como vén de comprobar o investigador Pedro Vicente na súa tese de doutoramento. Tras analizar 326 "unidades de posesión", as xogadas dun equipo desde que se fai co control do balón ata que o perde ou finaliza a acción, Vicente Vila puido constatar como a porcentaxe de xogadas que acababan en gol ascendía neste caso ao 19,6%, fronte ao 11,7% das realizadas sen a superioridade numérica que implica sumar o porteiro ao ataque.

Alumnos do CEIP Humberto Juanes participaron dunha xornada de baloncesto base co CB Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

profe-cbnigran-hjuanes

Dentro do programa de actividades de baloncesto do CB Nigrán , o club organizou durante o mes de xuño conxuntamente co CEIP Humberto Juanes unhas xornadas de captación de xogadores e xogadoras. A actividade forma parte da súa filosofía de traballar a canteira nos centros educativos de Nigrán, un tema de vital importancia para o crecemento , sinalan dede o club.

O Gondomar CF convoca a aspirantes para constituír a súa canteira deportiva.

Correo-e Imprimir PDF

as-gaiandasA través das redes sociais, o club chama a mozos e todas as idades para constituír a canteira do club. Os interesados deberán acudir o vindeiro luns 29 de xuño a partir das 7 da tarde ao Campo Municipal das Gaiandas, para ir perfilando os distintos equipos. Para calquera aclaración o dúbida pódese contactar co a persoa encargada. RAFA no teléfono 667 34 54 14.

O CB Nigrán pecha a tempada con actividades en todo o municipio

Correo-e Imprimir PDF

cbnigran alcaldiaO CB Nigrán participou nos festivais de fin de curso dos colexios Carlos Casares e Cruz Camos , centros nos que o club conta con escolas deportivas. O venres pola mañá fíxoo no colexio de Vilariño onde os máis pequenos fixeron un exhibición e desfilaron os dous equipos baby e benxamín destas escolas, para finalizar coa entrega dun pequeno agasallo do club a cada un dos nenos, así como á Ampa e a dirección do centro.

Inscricións para a 6ª Andaina da AD Vincios

Correo-e Imprimir PDF

senderimos botas

A Agrupación deportiva Vincios, organiza o vindeiro domingo, 5 de Xullo a 6ª Andaina A.D. Vincios (12 Km.), que dará comezo as 9:30 da mañá. Nela poderán participar todas as persoas maiores de idade inscritas e menores a partires de 14 anos, acompañados de un adulto ou solos con permiso por escrito de pais ou titores, menores de 14 obrigatoriamente acompañados dos pais.

Baiona bota andar a VI Travesía a nado.

Correo-e Imprimir PDF

travesia-nautica-baionaO vindeiro sábado día 11 de Xullo a partir das 11.00 horas, e desde a Praia da Ribeira, o concello de Baiona conxuntamente coa Piscina Mancomunda do Val Miñor, organiza VI Travesía a nado Concello de Baiona gran premio Serviocio.
A travesía organízase en varias categorías e distancias sendo elas de carácter mixto aínda que as clasificacións realizásense por sexos:
-sub 12 - 200 Metros (Nados 2.003) - horario; 11.00 h (Praia Ribeira).
- sub 16 - 500 Metros (Nados 1.999) horario; 11.20 h (Praia Ribeira).
- adultos 1 (1.000 Metros); 11:45 h (Praia Ribeira).
- adultos 2 (2.000 metros) ; 12.30 h (Praia Santa Marta - Praia Ribeira).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL