Domingo, 20 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes O CB Nigrán pecha a tempada con actividades en todo o municipio

O CB Nigrán pecha a tempada con actividades en todo o municipio

Correo-e Imprimir PDF
cbnigran alcaldia

O CB Nigrán participou nos festivais de fin de curso dos colexios Carlos Casares e Cruz Camos , centros nos que o club conta con escolas deportivas. O venres pola mañá fíxoo no colexio de Vilariño onde os máis pequenos fixeron un exhibición e desfilaron os dous equipos baby e benxamín destas escolas, para finalizar coa entrega dun pequeno agasallo do club a cada un dos nenos, así como á Ampa e a dirección do centro.


Pola tarde tocou a quenda a Camos onde se levo a cabo un divertido partido entre pais e nais e os nenos e nenas da escola de baloncesto, que conseguiron encher a pista de público. Para finalizar tamén desfilaron os dous equipos baby e benxamín aos que tambien entregóuselles o trofeo do club.
Desde a directiva do CB Nigrán queren agradecer o apoio por parte das Ampas e direccións de ambos centros, que desde o primeiro momento apostaron por esta actividade.
O CB Nigrán pechou este día cheo de grandes emocións con dous partidos no Pavillón de Panxón. Un, entre os dous equipos infantil e cadete feminino e o outro entre o junior masculino e un combinado de xogadores seniors do club entre os que se atopa o alcalde de Nigrán, Juan Gonzalez que asistiu a esta xornada festiva acompañado polo Concelleiro de deportes Luís Sanromàn. A xornada finalizou cunha pequena merenda entre todos os membros do club e invitados.
Finalmente o pasado domingo os pais e nais , adestradores e xogadores do Club gozasen dunha xornada de convivencia en Monteferro .