Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

Inscricións abertas para participar na XVI Marcha Cicloturista Concello de #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

gondo-ciclo-turista2Foi presentada a XVI Marcha Cicloturista Concello de Gondomar que se celebrará o próximo domingo día 6 de setembro, á cal asistiron o alcalde Francisco Ferreira, a concelleira de Cultura e Deportes Nuria Lameiro, o presidente do Clube Ciclista Gondomar Roberto Soleiro e o ex ciclista Gonzalo Aguiar.

A marcha está organizada polo Clube ciclista Gondomar que tras 2 anos de parón na organización da proba, volve rexurdir cos que serán xa 16 anos realizándoa. O Clube, tamén aproveitou a ocasión para facer entrega de diplomas e trofeos aos máis novos.

Un bo marco de público acompañou a concentración aerodeportiva en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 9158Álvaro González Cameselle (1º), Javier Miguelez Martínez (2º) e José Manuel Novoa (3º) consagráronse no III Campionato Galego de Grandes Maquetas de Radiocontrol que tivo lugar no marco da concentración aerodeportiva desta mañá en Panxón.

O xurado da competición valorou a similitude da construción co orixinal e a súa limpeza e estilo de voo. Estas réplicas (arredor de 20) superan os 2 metros de envergadura e poden dispoñer de diferentes tipos de motorización, dende queroseno, gasolina a electricidade.

O CB Nigrán comeza os seus adestramentos de portas abertas en Panxón

Correo-e Imprimir PDF

cb nigran nenosA partir do próximo 1 de setembro o Club Baloncesto Nigrán comeza os seus adestramentos nas pistas do pavillón municipal e no CPI de Panxón. Á vez fai unha convocatoria a nenas e nenos que desexen formar parte dos equipos de minibasket do club.

Sinalan que esas sesións de adestramento supoñen o inicio da tempada de cara á preparación dos seus equipos na Liga da Federación Galega de baloncesto que comezará o próximo mes de outubro.

O campión galego Aser Estévez, á cabeza do Club Ciclista Rías Baixas en Vigo

Correo-e Imprimir PDF

aser-podioPor primeira vez no que vai de tempada o Club Ciclista Rías Baixas compite na súa provincia. Será esta fin de semana polas rúas de Vigo no Díptico de Galicia. Aser Estévez, que o pasado domingo obtivo o seu oitavo título autonómico de contrarreloxo individual, capitaneará ao conxunto do Val Miñor.

O corredor guardés tamén é o vixente campión galego Élite de fondo en estrada e na súa palmarés conta con varias vitorias na cidade olívica. Sen ir máis lonxe, fai un ano impúxose na cronoescalada a O Castro. O seu gran obxectivo neste final de campaña é a Volta a Galicia que se celebra na segunda metade de setembro.

O CB Airexa de Nigrán comeza a nova tempada

Correo-e Imprimir PDF

airexaTralo acordo alcanzado este verán con Baiona de vincular equipos cadetes e junior en ambas categorías arrinca o junior feminino como Airexa-Baiona. Failo cun combinado de xogadoras de ambos clubs e lideradas por Manu Martín e Roberto Canella como segundo adestrador.

Ambos profesionais de prestixio e recoñecida experiencia, Roberto Canella leva anos vinculado tanto ao Baiona como ao Airexa. Non é así o caso de Manu Martín, que inicia unha nova etapa involucrándolles neste novo proxecto.

O Serra Gondomar acada patrocinador para a nova tempada e o Campionato de España.

Correo-e Imprimir PDF

patrocinio-RODOSA2O concesionario Renault Dacia RODOSA, patrocinará ao novo arqueiro de Vincios , Ruben Rodríguez Alleres pertencente ao Club Serra de Gondomar para a nova tempada.

Nomeadamente no Campionato de España de percorridos de bosque 3D. Competición que vaise celebrar o día 12 de Setembro de 2015, nas instalacións do Club C.D.E. Arqueros de Madrid situado en San Agustín de Guadalíx.

Fútbol Sala Internacional en #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

f-salaA 6ª edición do Torneo Baiña FS congregará a equipos e deportistas Galicia e Portugal durante unha fin de semana de competencias no Pavillón Municipal. O evento organizado polo club anfitrión en colaboración co Concello de Baiona se desenvolverá o día sábado 5 de setembro.

O Baíña FS en colaboración co Concello de Baiona organiza desde fai 6 anos este torneo que ten como fin promocionar o Fútbol Sala na localidade, así como achegar equipos de diferentes zonas de Galicia e de Portugal.

Un torneo que sempre tivo invitados de luxo como o Santiago Futsal, O Parrulo Ferrol, o Poio Pescamar, O Cidade de Ourense, o ADFS Bueu, O Cerveira Futsal, Ponte Da Barca, Afifense FS, o Vigo 2015, en anteriores edicións.

Panxón acollerá este sábado a IX Concentración Aerodeportiva

Correo-e Imprimir PDF

aeropresentacion-panxonO campionato de ultralixeiros contará coa copiloto ao mando máis nova de España, a nigranesa Enola Fernández, de só 6 anos

O evento inclúe unha competición de grandes maquetas de radiocontrol, coas que ademais se realizará unha exhibición de voo acrobático

O paseo acollerá tamén a exposición de maquetas de avións de combate, a turborreacción e helicópteros

Cun cambio na xestión convocarán en setembro as axudas provincias para materiais deportivos.

Correo-e Imprimir PDF

carmela silva deoA presidenta da Deputación de Pontevedra anuncia un novo modelo de axudas en material deportivo básico para clubs da provincia

Sinala que esta liña de axudas responde a un novo modelo de xestión do goberno da Deputación de Pontevedra baseado no lema "con todos e para todos"

Carmela Silva, anunciou hoxe que en setembro se porá en marcha unha nova convocatoria de axudas para equipar e dotar de material deportivo os clubs provinciais.

Estas axudas, que anteriormente se outorgaban mediante a libre disposición de fondos, xorden como resposta ó novo modelo de xestión do goberno provincial que ten por obxectivo gobernar, como asegurou Carmela Silva esta mañá, "con todos e para todos".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL