Hoxe tivo lugar a presentación do XV Torneo Aberto Internacional Concello de Gondomar de tenis de mesa.
O torneo celebrarase este fin de semana (19 e 20 de setembro) no pavillón de deportes de Gondomar e aproximadamente participarán uns 200 deportistas.
Organizado pola A.D. Vincios e patrocinado polo concello de Gondomar, o torneo contará coa participación de diferentes categorías comprendidas dende benxamíns ata veteranos que participarán o sábado.