Xoves, 14 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes Con gran éxito celebrouse o I Torneo Internacional de Baloncesto organizado polo CB Nigrán.

Con gran éxito celebrouse o I Torneo Internacional de Baloncesto organizado polo CB Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
cb-nigran-torneo-internacional

Durante toda a fin de semana tivo lugar no Pavillón de Panxón o I TORNEO INTERNACIONAL de baloncesto organizado polo CB Nigrán. Os clubs de Gica, Pavillón Ourense, Redondela , colexio Mariano e o club anfitrión encheron a mañá de baloncesto disputando diferentes encontros na categoría infantil.

Ao mediodía do sábado realizouse un descanso para comer xunto ás familias e xogadoras portuguesas nun establecemento de Panxón para gozar logo dun paseo antes de volver ao recinto para renovar a competición.

Pola tarde foi o momento da categoría cadete que abriu paso a un dos momentos máis especiais do torneo, a entrada en pista do equipo de iniciación do CB Nigrán e as súas escolas deportivas dos centros de Camos e Vilariño.Unha xornada completa que finalizou coa entrega de trofeos aos diferentes clubs participantes por parte do concelleiro de deportes do Concello de Nigrán .

O Domingo os diferentes equipos regresaron a Nigrán , sumándose Porriño Baloncesto Base e Santiago Apóstolo para disputar novos encontros na categoría infantil e cadete .