Mércores, 3 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes O CB Nigrán dá comezo aos adestramentos de baloncesto para cativos de 4 a 10 anos.

O CB Nigrán dá comezo aos adestramentos de baloncesto para cativos de 4 a 10 anos.

Correo-e Imprimir PDF
cbnigranpequenos

O mércores comezaron os adestramentos para o equipo de iniciación do CB Nigràn . Un grupo de nenos de idades comprendidas entre os catro e os dez anos que queren iniciarse na práctica deste deporte.

Os adestramentos se desenvolverán en dúas sesións semanais que se levarán a cabo no CPI de Panxón e no CEIP Humberto Juanes. Do mesmo xeito que no resto de categorías do club estes adestramentos serán de portas abertas e gratuítas durante todo o mes de setembro para que poidan asistir todos aqueles nenos e nenas que desexen probar e practicar este deporte.