Mércores, 20 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes Comeza o I Torneo Internacional de Baloncesto organizado polo C.B. Nigrán.

Comeza o I Torneo Internacional de Baloncesto organizado polo C.B. Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
cbNigran-torneo-intenacional-2015

O pavillón de Panxón acolle esta fin de semana o I Torneo Internacional de Baloncesto organizado polo C.B. Nigrán en colaboración co Concello de Nigrán.
Preto de 200 xogadores daranse cita no evento, entre eles diferentes equipos do Club Águeda Básket de Portugal

O Club Baloncesto Nigrán organiza esta fin de semana coa colaboración do Concello o I Torneo Internacional de Baloncesto que reunirá a preto de douscentos xogadores no pavillón municipal de Panxón. No evento deportivo, diferentes equipos do Club Águeda Basket viaxarán a Nigrán xunto a outros clubs de diferentes puntos de Galicia. Trátase dun Torneo en formato intercambio no que as familias das xogadoras do CB Nigrán acollerán nas súas casas ás xogadoras portuguesas durante os dous días que dura o torneo. Ademais dos equipos portugueses, participarán neste torneo o club Porriño Baloncesto Basee, Pavillón de Ourense, CB Redondela, Santiago Apóstolo e Mariano, así como os equipos das escolas deportivas que o CB Nigrán teñen nos colexios Carlos Casares, Cruz Camos e o equipo de iniciación do colexio Humberto Juanes.

As xogadoras do CB Nigrán xa viaxaron con anterioridade a Portugal para participar en torneos co mesmo formato, e tanto a directiva do Nigrán como os pais e nais sinalan que foi unha experiencia moi enriquecedora para eles e as súas fillas e agradecen a gran hospitalidade das familias portuguesas, polo que desexan dar continuidade a esta actividade e establecela xa como un intercambio anual entre os dous clubs.