Martes, 24 Nov. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Serra Gondomar acada patrocinador para a nova tempada e o Campionato de España.

O Serra Gondomar acada patrocinador para a nova tempada e o Campionato de España.

Correo-e Imprimir PDF
patrocinio-RODOSA2

O concesionario Renault Dacia RODOSA, patrocinará ao novo arqueiro de Vincios , Ruben Rodríguez Alleres pertencente ao Club Serra de Gondomar para a nova tempada.

Nomeadamente no Campionato de España de percorridos de bosque 3D. Competición que vaise celebrar o día 12 de Setembro de 2015, nas instalacións do Club C.D.E. Arqueros de Madrid situado en San Agustín de Guadalíx.

O mozo aspira a estar entre os primeiros clasificados xa que a día de hoxe e a falta dunha proba por realizar vai primeiro na liga Galega de percorridos de bosque de menores de 14 anos.

Tamén cara á tempada de sala que comeza en outubro, terá apoio para a proba do nacional de sala, aínda sen determinar onde se realiza.