Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes Inscricións para a 6ª Andaina da AD Vincios

Inscricións para a 6ª Andaina da AD Vincios

Correo-e Imprimir PDF

senderimos botas

A Agrupación deportiva Vincios, organiza o vindeiro domingo, 5 de Xullo a 6ª Andaina A.D. Vincios (12 Km.), que dará comezo as 9:30 da mañá. Nela poderán participar todas as persoas maiores de idade inscritas e menores a partires de 14 anos, acompañados de un adulto ou solos con permiso por escrito de pais ou titores, menores de 14 obrigatoriamente acompañados dos pais.

A 6ª Andaina A.D. Vincios (12 Km.) será por un percorrido circular co 90% por pistas de terra, con saída e chegada no Pavillón Municipal de Gondomar. Aclárase que a mesma non terá carácter competitivo, e todos os participantes recibirán un avituallamento na metade da Andaina, unha bolsa de xantar composta dun bocadillo de chourizo asado, Iogur e Botella de Auga.
O prazo de inscrición remata o xoves 3 de xullo á media noite. Haberá unha cota de inscrición de 5 euros que incluirá o Seguro de Accidentes, Seguro de Responsabilidade Civil, avituallamento, bolsa de xantar e regalo.
As inscricións farase no enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e o pago por transferencia ou en caixeiros de La Caixa na conta nº 2100 5752 67 0200079253. Xunto coa comunicación por mail, adxuntarase xustificante ou data do pago realizado. Tamén poden inscribirse no Centro Cultural de Vincios.
Antes da saída os inscritos terán que recoller os vales para o avituallamento e bolsa de xantar.
A organización prevé a instalación dun servizo de gardería para os fillos dos participantes na mesma. Os interesados deben comunicarllo no momento da inscrición. Tamén haberá a disposición dos participantes servizos de vestiarios, ducha e baños no pavillón.
A 6ª Andaina A.D. VINCIOS será controlada polos Monitores da Organización durante todo o Percorrido. 

cartel-andaina-vincios