Luns, 19 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes O CB Airexa cumpre 15 anos

O CB Airexa cumpre 15 anos

Correo-e Imprimir PDF
cb areixa

O CB Airexa de Nigrán cumpre 15 anos con máis 130 xogadores federados e 60 nenos practicando o baloncesto nas escolas deportivas, cun persoal de máis de 12 adestradores.

O Club Baloncesto Airexa foi creado o 20 de setembro do 2000, por un grupo de pais e nais de xogadoras, para dar cobertura ás súas fillas.

Na tempada 2002-2003 trasládase a Nigrán, asumindo o equipo senior do CB Nigrán, pasando a denominarse, Clube Baloncesto Airexa de Nigrán. Inicialmente o Club estaba formado por dous equipos: o senior masculino, que xogaba en primeira división de liga zonal e o senior feminino en Liga Autonómica.

Para conmemorar o 15º aniversario esta sábado 26 de setembro o club celebrará unhas xornadas de portas abertas