Luns, 19 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes A Deputación concede 5 mil euros en axudas a Nigrán para compra de equipamentos deportivos.

A Deputación concede 5 mil euros en axudas a Nigrán para compra de equipamentos deportivos.

Correo-e Imprimir PDF
CANASTA GAIFAR1

O concello de Nigrán investirá cinco mil euros para a adquisición de equipamento deportivo grazas a unha subvención da deputación de Ponteveddra.

Mercaranse 10 toneladas de caucho para o mantemento óptimo do campo do Vilariño, substituiranse as vellas canastras de Dunas de Gaifar e reporanse as redes da pista de A Ramallosa

A axuda consta de  5.177,57 euros exactamente segundo informa o Concello de Nigrán. A Xunta de Goberno do ente provincial resolveu favorablemente o 19 de decembro á solicitude feita dende o Concello a inicios deste mes.

A xuda beneficia melloras no Campo de Poutón-Vilariño, Dunasde Gaifa e A Ramallosa.

Os cartos desta axuda (dirixida aos municipios de menos de 20.000 habitantes que cumpriran os requisitos) serán empregados na compra de dez toneladas de caucho para o óptimo mantemento do Campo de Poutón-Vilariño (3.509 euros), dúas canastras fixas con aro e  taboleiro que substituirán ás vellas do espazo deportivo de Dunas de Gaifar (1.641 euros) e  dúas redes antivandálicas para as pistas de A Ramallosa (26 euros). A compra, tal e como marca a propia subvención, realizarase nos próximos días (antes de que finalice o ano), indican dende a corporación.

As causas do deterioro segundo o alcalde:

Nos últimos anos o Concello desatendeu por completo instalacións deportivas como as de A Ramallosa e Gaifar, e para nos é unha prioridade que se atopen nun estado de perfecto mantemento porque queremos dar as máximas facilidades para a práctica de deporte entre a veciñanza. Por exemplo, as actuais canastras de Gaifar están completamente deterioradas, non son axeitadas para xogar”, resume Juan González, alcalde do municipio.

Dende o concello afirman que “a limitación financeira” impide dar resposta adecuada “á totalidade de necesidades que presentan tanto os veciños de xeito individual como distintas agrupacións municipais”. Entenden que é  “obriga do Concello garantir o acceso á práctica deportiva” á totalidade da poboación, “polo que é un tipo de axuda que sempre ven moi ben para o  Concello”, comenta González.

“O goberno de Nigrán quere potenciar a consideración do deporte como parte fundamental dunha educación integral do individuo, por canto transmite valores de gran importancia na sociedade, tales como o traballo en equipo, a cultura do esforzo, o afán de superación, a tolerancia... sen esquecer, obviamente, o seu beneficioso impacto na saúde física e mental de todos aqueles que o practican”, sinalan nun comunicado.