Sábado, 1 Oct. 2016

Actualizado05:38:40 AM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

#Baiona quere acadar os 3.000 participantes na 31ª edición da popular “Andar e Correr”.

Correo-e Imprimir PDF

andar-e-correr-baionaA popular carreira pedestre Andar e Correr chega a súa 31ª edición. A concellaría de Deportes de Baiona quere acadar o interese de veciños e visitantes para este ano cumprir o soño dos 3 mil participantes. A proba, deseñada para todo público, ten unha lonxitude de 10 quilómetros. A proba terá lugar o domingo 23 de agosto. As inscricións poden realizarse no portal da competencia.

O Club Ciclista Rías Baixas concorre por primeira vez á Volta a Toledo

Correo-e Imprimir PDF

ccriasbaixasPor primeira vez nos seus tres anos competindo na categoría Élite e Sub 23 o Club Ciclista Rías Baixas formará parte do pelotón da Volta a Toledo, que nesta edición celebra as súas vodas de ouro.

A organización desta proba dirixida por Federico Martín Bahamontes invitou esta tempada ao conxunto de Nigrán debido á sobresaliente imaxe ofrecida polos seus corredores nos últimos meses polas estradas de toda España e Portugal. A primeira das catro etapas das que consta esta rolda disputarase mañá sábado pola mañá e a escuadra miñorana preséntase cos seus dous xefes de filas: Aser Estévez e Jose Manuel Gutiérrez.

#DeportesBaiona bota andar a 7ª Subida Cicloturista “A Groba”.

Correo-e Imprimir PDF

subida-grobaSerá o sábado 22 de agosto con saída ás 11 da mañá dende o Pavillón Municipal. A partida en competencia se fará na Virxe da Roca con meta no Alto da Groba. Inscricións abertas no Pavillón de Deportes de Baiona.

O Rías Baixas asegura a participación dos seus deportistas estrelas un ano máis

Correo-e Imprimir PDF

RenovaO Club Ciclista Rías Baixas reafirma a súa aposta polos corredores novos e da terra coa ampliación de contrato de catro compoñentes do persoal en idade Sub 23. Alejandro Santos, David Pérez, Samuel Rodríguez e Cristian Mota renovaron o seu vinculación co proxecto presidido por José Luís Chamorro e seguirán vestindo as cores da entidade de Nigrán no ano 2016. Este acordo sumar ao alcanzado fai un mes con Marcos Serrano para que continúe como director deportivo.

Calendario completo para descargar cos partidos do XX Torneo Basket 3x3 de # Baiona

Correo-e Imprimir PDF

basket3x3baiona650A Concellaría de Deportes de Baiona deu coñecer o calendario completo que rexerá as distintas categorías do XX Torneo Basket 3x3 a desenvolverse os días venres 7 e sábado 8 nas instalacións abertas de A Palma.

Inscricións abertas para o XIII Torneo de Pesca Deportiva Infantil de #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

 dsc0073O presente torneo nace a través do curso de iniciación á Pesca Deportiva que se está a desenvolver no concello de Baiona, e vendo o éxito e acolleita tanto nos participantes como nos seus pais a administración quere ofrecer continuidade ao mesmo.

Inscricións abertas para o 3x3 organizado polo Club Baloncesto #Baiona e a Concellaría de Deportes.

Correo-e Imprimir PDF

balencesto3x3As datas nas que se desenvolvese o torneo serán os días 7 e 8 de agosto e no Parque da Palma, tendo este ano como novidade máis importante, a realización paralela de varias modalidades de torneo; Categoría sub 12, Categoría sub 16, Adultos masculinos, Adultos femininos e Categoría Especial.

#VIDEO Así foi a terceira edición do Flota Como poidas

Correo-e Imprimir PDF

Os participantes loitaron contra a marea para acadar a praia da LadeiraA tercceira edición do evento náutico "Flota como poidas" volve a acadar éxito de participación e público, que concentráronse nas beiras do Miñor nunha xornada onde os participantes tiveron que loitar contra vento e marea, e nunca mellor dito, dado que as correntes estaban en pleamar e arrastraban aos participantes río arriba.

#Gondomar: O equipo de Muebles San Benito acada o torneo de fútbol de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

11011902 1597076687221554 7745536182551488930 nO alcalde Francisco Ferreira e a concelleira de Cultura, Deportes e Igualdade, Nuria fixéronse presentes pola mañá á entrega de premios trala finalización do torneo de fútbol 7 organizado na parroquia de Morgadáns.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL