Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Inscricións abertas para o XIII Torneo de Pesca Deportiva Infantil de #Baiona

Inscricións abertas para o XIII Torneo de Pesca Deportiva Infantil de #Baiona

Correo-e Imprimir PDF
 dsc0073

O presente torneo nace a través do curso de iniciación á Pesca Deportiva que se está a desenvolver no concello de Baiona, e vendo o éxito e acolleita tanto nos participantes como nos seus pais a administración quere ofrecer continuidade ao mesmo.


O XIII Torneo de Pesca Deportiva Infantil desenvolverase o día 21 de Agosto a partir das 17.30. horas ata as 19.30 horas nas instalacións do porto pesqueiro de Baiona.
O torneo distribúese por categorías sendo as mesmas as seguintes: Sub 8, Sub 12 e Sub 16, sendo categorías mixtas o que permite a todos/as os interesados en participar, entregando ademais un agasallo conmemorativo pola súa participación a todos os asistentes.

O Torneo está totalmente subvencionado a través da Concellaría de Deportes e sendo o número de prazas limitado polo que se anima aos interesados formular as inscricións canto antes. Para inscribirse dirixirse á Oficina de Turismo ou chamando aos teléfonos 986 687 067 - 986 356 558.