Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes Inscricións abertas para o 3x3 organizado polo Club Baloncesto #Baiona e a Concellaría de Deportes.

Inscricións abertas para o 3x3 organizado polo Club Baloncesto #Baiona e a Concellaría de Deportes.

Correo-e Imprimir PDF
balencesto3x3

As datas nas que se desenvolvese o torneo serán os días 7 e 8 de agosto e no Parque da Palma, tendo este ano como novidade máis importante, a realización paralela de varias modalidades de torneo; Categoría sub 12, Categoría sub 16, Adultos masculinos, Adultos femininos e Categoría Especial.

O obxectivo de está nova iniciativa é a fomentar e potenciar as categorías inferiores do Club Baloncesto Baiona, e garantir así, a continuidade do Club en Baiona, así como a consecución dun patrocinador para a presente tempada.

Cada un dos partidos a disputar serán pitados por árbitros federados e todos os equipos participantes recibirán o seu premio conmemorativo pola súa participación.

As inscricións poderanse realizar no pavillón municipal de Baiona ou a través do email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , sendo limitado o número de equipos participantes.

Para maior información dirixirse ao Pavillón dos Deportes de Baiona ou chamar ao Tlf: 986 356 558