Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia

Nos galegos, a fidelidade ás marcas están asociadas aos sentimentos segundo un estudo universitario.

Correo-e Imprimir PDF

As emocións positivas ou negativas asociadas a unha marca determinan a fidelidade dos consumidores galegos ao devandito produto ou servizo, segundo revela unha enquisa asociada a unha investigación no eido das empresas da Universidade de Vigo.
A decisión de comprar un produto dunha determinada marca fronte a outro non é unha decisión puramente obxectiva. Tamén ten unha parte moi relevante subxectiva na que xogan un papel moi importante as emocións que xera esa marca e as súas competidoras no potencial cliente. A investigadora do campus de Ourense Susana Lourido vén de realizar un primeiro estudo exploratorio sobre "O efecto das emocións sobre a lealdade á marca nos consumidores galegos", a través de 215 enquisas a persoas que se declararon fieis seguidoras dalgún produto en concreto.

O queixo almacenado sen envasar ao baleiro ten mellor sabor

Correo-e Imprimir PDF

gal1Dez expertos realizaron 12 catas nas que confirmaron que as pezas que maduran ao aire endurecen máis.
Elaborado na Terra Chá, o queixo con DOP San Simón da Costa é un produto feito con leite de vaca pasteurizada afumado con madeira de bidueiro e cun sabor suave. Unha delicia que cambia moito no padal dependendo de como sexa, por exemplo, o seu modo de almacenamento. Na súa tese de doutoramento Verónica Bargiela, da Universidade de Vigo, fixo un estudo reolóxico e bioquímico ao longo da maduración no que se determinou que aquelas pezas que son almacenadas sen envasar ao baleiro teñen unha mellor textura, sabor e aroma.

Apicultores galegos divulgan informe que alerta da drástica diminución da poboación de abellas silvestres .

Correo-e Imprimir PDF

bees 6-11Recentemente Greenpeace publicou un novo informe sobre a importancia das abellas: "Plan Abellas. Vivir sen praguicidas. O cambio cara á agricultura ecolóxica". O informe amosa varias alternativas fronte ó modelo predominante de agricultura que está na base da ameaza. Nese senso a Asociación Galega de Apicultura (AGA), posiciónase a prol dun modelo de agricultura ecolóxica, declaración que acompaña a publicación do devandito informe na súa web.

Un “dragón amarelo” está a estragar os limoeiros do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

dragon-amarelo-3-550

A praga transmite unha enfermidade coñecida como o "dragón amarelo", que está a esmorecer e até matar principalmente aos limoeiros, aínda que tamén ataca outros cítricos. O causante é un insecto denominado Trioza erytreae (psílido africano dos cítricos), e xa foi detectada a súa presenza en Monte Lourido, Vilariño e A Ramallosa polo Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra (Consellería do Medio Rural e do Mar). Declarado praga en toda Galicia dende o pasado 10 de febreiro, recoméndase unha serie de actuacións aos titulares de plantas afectadas antes da chegada da primavera onde a praga comezará a espallarse con maior celeridade.

Especialistas abordarán o impacto da avespa asiática e o picudo vermello no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

ciclo silenciosasEste xoves 5 de marzo a partir das 20.30 horas os investigadores Antón Vázquez Caamaño e Suso Asorey abordarán o impacto do picudo vermello e a avespa velutina no Val Miñor e contorna. A presentación do coloquio estará a cargo de Pablo Casal Núñez, profesor de Ed. Física e membro do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). A actividade desenvolverase no marco do ciclo "Invasoras silenciosas. Novas pragas no Val Miñor", organizado polo IEM na Aula de Cultura Ponte de Rosas (avda. da Feira 10, baixo, Gondomar).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL