Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia

Os chineses presentan un enxeñoso coche-scooter.

Correo-e Imprimir PDF

magic_carO fabricante automobilístico chinés Geely, presentou na feira Auto Shangai 2011 un novidoso modelo utilitario de catro prazas que esconde un moderno scooter eléctrico de tres rodas na súa parte traseira. Trátase do novo McCar ('Magic Car' abreviado), un coche híbrido que pode xerar electricidade, a cal pode ser transmitida ao scooter. O coche pode desenvolver unha velocidade de 85 km/h e o triciclo achega aos 30 km/h. Segundo Geely, o tempo de recarga para o automóbil é de 20 minutos e para o triciclo de 5 minutos.

O IEM e a U. de Vigo preparan Geolodía, unha xornda de difusión xeolóxica pola Foz da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

geolodia_plan_valmA SGE (Sociedad Geológica de España) xunto co AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) levarán adiante o Geolodía. Esta é unha iniciativa de divulgación da Xeoloxía que terá lugar en todas as provincias de España o vindeiro día 8 de maio. A xeira consiste nunha excursión no campo, aproximadamente 1h 30 m de duración, guiada por equipos de xeólogos, neste caso profesores da Universidade de Vigo. Para a provincia de Pontevedra terá lugar na Foz da Ramallosa.

O nigranense Saúl Presas Hermida gañador do XVI Concurso Internacional de Deseño Industrial do Moble

Correo-e Imprimir PDF

saul-presasO deseñador industrial miñorano Saúl Presas Hermida (Nigrán) afincado en Valencia, copou os dous primeiros premios do XVI Concurso Internacional de Deseño Industrial do Moble convocado polo Centro Tecnolóxico do Moble e a Madeira (Cetem). O primeiro premio corresponde a unha mesa versátil e ecolóxica, cuxo prototipo está realizado pola empresa yeclana Río Mobiliario.

O mar poderá saciar a sede da humanidade

Correo-e Imprimir PDF

Segundo a ONU As Nacións Unidas estiman que 1100 millóns de persoas en todo o planeta carecen de acceso á auga potable, e que 1.6 millóns de nenos morrerán cada ano debido á devandita carencia.
Unha posible solución, levada xa a cabo a "escala reducida", é a desalinización da auga salgada, xa que esta representa o 98% de toda a auga do planeta. O problema é o seu alto custo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL